Sábado, 5 Xullo de 2025

É Noticia

A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun catálogo de Nadal

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación impulsa a comercialización das pezas da marca Artesanía de Galicia durante este Nadal, a través dun catálogo de produtos elaborados por 111 obradoiros artesáns galegos e no que se inclúe información sobre os seus puntos de venda.

A Xunta licita os servizos de mellora e mantemento dos treitos interurbanos dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar os servizos de conservación mellora e mantemento dos treitos interurbanos dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, para os dous vindeiros anos.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática

A Deputación incrementa ata os 565.000 euros as axudas básicas de emerxencia de 2021 para concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as bases reguladoras das Axudas Básicas de Emerxencia do 2021 para os 52 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que terán un orzamento de 565.000 euros, o que supón un incremento de 100.000 euros con respecto a este ano.

Mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se poñerán en marcha en Galicia

Selga, a empresa de silvicultura ligada á Asociación Forestal de Galicia, dirixe unha mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se aveciñan na comunidade. O evento, aberto a comunidades de montes, propietarios forestais e persoas interesadas, busca tanto asesorar ó sector forestal como coñecer os puntos de vista das persoas participantes.

A Xunta adxudica a redacción do contrato para impulsar un plan de sendas no Condado e Baixo Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar, por un importe de 18.000 euros, o contrato para redactar un Plan de sendas nas comarcas do Baixo Miño e do Condado. Trátase de identificar os treitos de sendas prioritarios a executar nas marxes das estradas autonómicas ao seu paso polos concellos da Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Gonzalo Caballero critica o plan de usos da Xunta para o Pazo de Meirás: “branquea o franquismo e oculta a importancia da memoria histórica”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe plan de usos para o Pazo de Meirás, presentado nas últimas horas pola Xunta, xa que “branquea o franquismo e tenta ocultar a importancia de defender a memoria democrática”. Fíxoo tras asistir, esta mañá, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, á celebración do acto central co gallo do Día das Letras Galegas.

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron este ano a máis de 8.000 participantes a pesares da COVID-19

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron neste ano 2020 marcado pola COVID-19 a máis de 8.000 escolares. A cifra é considerada como todo un éxito por parte da Deputación xa que, ademais, amplíase ao contabilizar os datos por cursos escolares: no 2019-2020 celebráronse 420 obradoiros para 9.628 crianzas –a pesares de que o terceiro trimestre non foi operativo–, e só no primeiro trimeste deste curso contabilizáronse 2.055 nenos e nenas en 138 actividades.

A Deputación presentou na xornada ‘Fóra de plano’ os premios #Mulleresnofoco

Co obxectivo de recoñecer o papel das mulleres no audiovisual, a presidenta da Deputación de Pontevedra presentou hoxe os primeiros premios #Mulleresnofoco, no decurso da xornada “Fóra de plano. Mulleres no audiovisual”, impulsada pola Escola de Igualdade María Vinyals e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais CIMA.

Carmela Silva enxalza o papel protagonista da provincia na presentación do festival ‘Novos Cinemas’

“Nesta provincia vive o cine, temos unha provincia do cinema” subliñou Carmela Silva no acto de presentación da quinta edición do Festival 'Novos Cinemas', un dos festivais integrados na marca provincial da Deputación de Pontevedra “Rías Baixas Film Fest', que botará a andar o próximo día 15 de decembro e que contará na apertura coa película 'Lúa Vermella' de Lois Patiño, e na clausura cunha das películas máis aclamadas deste ano 'My Mexican Bretzel' de Nuria Giménez.

A Federación Galega de Motonáutica recibe o título de Real, xunto a vela e fútbol, “a tríade rexia das federacións deportivas galegas”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do título de Real concedido á Federación Galega de Motonáutica e que foi celebrada na Casa do Deporte de Vigo.

O Apalpador percorrerá a provincia adaptado á Covid-19 para felicitar o Nadal á rapazada

O Apalpador non faltará á súa tradicional cita coa provincia de Pontevedra este Nadal. Adaptado ás limitacións da Covid-19 volverá dende o Courel para felicitar as festas á rapazada – e tamén ás persoas adultas- con pasarrúas musicais ao longo de 23 concellos e tamén difundindo nos centros escolares vídeos gravados en 36 municipios da provincia poñendo en valor a natureza, a lingua galega e tamén a alimentación saudable.