Domingo, 6 Xullo de 2025

É Noticia

Novo premio para ‘Fame de Experiencias’ no Festival de Turismo Mundial de Kioto en Xapón… e xa van catorce

Xa son catorce os galardóns internacionais que o audiovisual 'Fame de experiencias', co que a Deputación de Pontevedra promoveu o destino turístico da provincia no 2019, acumula tras acadar un novo no Festival de Turismo Mundial de Kioto, en Xapón. “Se xa era un orgullo ser un dos 68 vídeos finalistas entre os 1.327 participantes, conseguir o premio e ternos situado con destinos como Australia, Grecia, Thailandia, Bali ou Xapón é unha noticia excepcional”, destacou a presidenta Carmela Silva.

Diego Giráldez conversa coas escritoras galegas na serie documental ‘De letras e galegas’

Vén de estrearse na rede a serie documental dirixida por Antón Veiga De letras e galegas que pon en valor o papel das autoras no panorama literario de Galicia. Para as pezas, contou coa colaboración do escritor e xornalista Diego Giráldez, que visitou as casas das escritoras Inma López Silva, Ledicia Costas, Arantza Portabales e María Solar para conversar sobre o oficio da escrita, as súas influencias ou coñecer en persoa o lugar onde escriben.

O Grupo Socialista alerta que a saúde mental “será a gran resaca da pandemia” mentres a Xunta anuncia o reforzo do ámbito da saúde...

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de alertar sobre a situación da saúde mental en Galicia, que será “a gran resaca da pandemia”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, trala presentación dunha interpelación ante o conselleiro de Sanidade. “Os datos evidencian que unha de cada cinco persoas en Galicia sufrirá un problema de saúde mental nos próximos meses e, destas persoas doentes, dúas de cada tres non van poder ser atendidas” polo Sergas, denunciou o socialista.

O Museo de Pontevedra lanza o concurso fotográfico xuvenil ‘Pegadas do mar e da terra’ como complemento á exposición de José Suárez

O Museo de Pontevedra vén de convocar o concurso fotográfico xuvenil ‘Pegadas do mar e da terra’ como actividade complementaria á exposición de José Suárez. Está dirixido a mozas e mozos que cursen ESO ou Bacharelato, que deben presentar as súas imaxes antes do 11 de abril seguindo as características das creacións do fotógrafo de Allariz.

O conselleiro de Sanidade destaca a boa evolución epidemiolóxica de Galicia respecto á incidencia da Covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe a boa tendencia epidemiolóxica de Galicia respecto da incidencia da Covid na nosa comunidade, pero a pesar desta situación fixo un chamamento á prudencia.

A Xunta incrementa nun 33% a oferta formativa en prevención de riscos laborais polo que cualificará este ano a 1.100 traballadores

A Consellería de Emprego e Igualdade inicia hoxe, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dous cursos de formación sobre prevención de riscos laborais dirixidos a 400 alumnos e alumnas, dúas accións que forman parte do Plan anual de actividades do Issga.

A Deputación destina 220.000 euros a concellos e entidades culturais para desenvolver actividades e programas de fomento da lingua galega

A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Lingua, vén de facer públicas as bases de subvencións dirixidas aos concellos e ás entidades culturais sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2021. Estas axudas, que segundo confirma a deputada María Ortega ascenden a 220.000 euros, incorporan varias novidades con respecto a anteriores edicións: priorizarán as actividades organizadas por concellos que dispoñan de Servizo de Normalización Lingüística e permitirán financiar non só unha, senón varias actividades sempre que estean dentro dun programa xeral de potenciación da lingua.

O PSOE acusa ao PP de vetar a iniciativa socialista para triplicar o orzamento do departamento de Igualdade da Xunta

"O PP de Galicia vén de rexeitar a proposta socialista para triplicar o orzamento destinado ás partidas específicas do departamento de Igualdade da Xunta", denunciou onte o PSdeG-PSOE. "Dedica o 0,5% do orzamento consolidado da Xunta, sen incluír nesta porcentaxe as achegas do Pacto de Estado”. Dito rexeitamento tivo lugar onte no Pleno do Parlamento, logo da presentación dunha moción por parte do Grupo Socialista que foi aprobada parcialmente.

A Gala do Turismo da Deputación regresa a Vigo cos chefs con estrela Michelin da provincia como novos embaixadores de Rías Baixas

A Gala Provincial do Turismo da Deputación de Pontevedra volve ao Auditorio Mar de Vigo tralo parón de 2020 pola pandemia. E farao cunha cerimonia que, segundo adiantou onte a presidenta da institución, Carmela Silva, “será dinámica, con música, espectáculo, moitas sorpresas e respectando todos os protocolos fronte á Covid-19”. A presentación na sede viguesa da Deputación contou con convidados especiais conectados por vía telemática, os chefs Pepe Solla (Casa Solla, en Poio), Rafa Centeno (Maruja Limón, Vigo), Alberto González Prelcic (Silabario, Vigo) e Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Pontevedra), todos con estrela na Guía Michelin.

O Sergas lanza unha enquisa para participar no I Plan de Igualdade

No día luns 8 de marzo, e coincidindo co Día Internacional da Muller, o Servizo Galego de Saúde puxo en marcha unha enquisa para coñecer a opinión do seu persoal respecto á igualdade de xénero na organización.

As novas bicis transfronteirizas do Miño terán estacións de intercambio á beira do río e nos cascos urbanos das eurocidades

As beiras do río Miño e os cascos urbanos das Eurocidades de Tui-Valença, Tomiño Cerveira e Salvaterra-Monçao serán os lugares onde se instalarán as estacións de intercambio das novas bicicletas transfronteirizas do servizo de préstamo que está a poñer en marcha o AECT Río Miño. Así o decidiron o persoal técnico dos concellos e do agrupamento europeo, nos vindeiros días van definir as localizacións concretas.

A Xunta de Galicia renova a composición do seu Consello para a innovación en materia sanitaria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde coa que culmina o proceso de renovación da composición do Consello para a Innovación en Materia Sanitaria que a Consellería de Sanidade ten impulsado nas últimas semanas.