Mércores, 7 Maio de 2025

Val Miñor

Teatro, este sábado, en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a función 'Un home con lentes de pasta', a cargo da compañía Redrum Teatro, no marco do ciclo 'Tornar ás táboas' da Deputación de Pontevedra.

Baiona reconoce o palmarés do alpinista Roberto López

A concelleira de Deportes e Política Social do Concello de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiu no Concello de Baiona a Roberto López para coñecer de primeira man o palmarés e a historia deste alpinista lucense fincado en Baiona.

Os novos voluntarios de Protección Civil do Porriño, Val Miñor, Salceda e Redondela reciben os seus carnés

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil celebrado no Porriño.

Espectáculo familiar no Multiúsos Mercado de Sabarís o domingo

O Multiúsos Mercado de Sabarís acolle o domingo, 3 de decembro, ás 18 horas, o espectáculo familiar de narración oral e música Cacho Animaladas! do programa cultural da Deputación de Pontevedra “Tonar ás Táboas”.

Nigrán construirá unha pista de pumptrack e de skate en Vilariño e Patos

O Concello de Nigrán destinará 80.000 € para construír o vindeiro ano unha pista de pumptrack en Vilariño e un half-pipe na contorna de Patos. Ambas infraestruturas foron demandandas no primeiro caso por rapazada do municipio que practica bmx (disciplina do ciclismo) e, no segundo, polas escolas de surf, xa que o adestramento con skate resulta especialmente idóneo cando a mar non reúne condicións para impartir clases.

Comezan as obras de reparación da senda peonil de Baíña

Xa deron comezo os traballos de reparación da senda peonil do río Baíña, instransitable desde final do ano pasado. As actuacións supoñen un investimento de 45.356,85 €, a Deputación de Pontevedra subvencionará o 70 %, 23.621,79 €, mentres que o Concello de Baiona achegará con fondos propios o diñeiro restante, 21.735,06 €.

Últimos días para inscribirse no Cross Escolar de Baiona

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona informa de que ata este mércores, 29 de novembro, poderán formalizarse as inscricións para participar na XXIV Cros Escolar do Val Miñor, que se celebrará este domingo, 3 de decembro, na contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís.

O Concello de Nigrán intenta salvar ao castiñeiro de San Pedro do “chancro”

O Concello de Nigrán traballa a contrarreloxo para salvar do 'chancro' ao castiñeiro centenario de San Pedro despois de que a Brigada Forestal Municipal detectase a súa presencia.

Baiona reparte a o estudiantado un exemplar do libro “A Walk in Baiona”

O Concello de Baiona, fixo entrega de máis de 600 exemplares do libro “A Walk in Baiona” a todo o alumnado de educación infantil e primaria do municipio.

Nigrán proxecta o resultado dos obradoiros audiovisuais para previr a violencia de xénero

O Concello de Nigrán proxectará este venres no Auditorio Municipal o resultado dos obradoiros audiovisuais para a prevención da violencia de xénero ofrecidos ao alumnado da ESO no marco da programación municipal do 25-N.

Baiona pon en marcha a campaña “Agarimos de Nadal”

A Concellería de Política Social do Concello de Baiona pon en marcha a campaña "Agarimos de Nadal". Esta actividade busca fomentar a conexión emocional durante a tempada do Nadal.

A bandeira de Baiona surcará os mares no velero dunha familia baionesa

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega da bandeira do Concello de Baiona a unha familia baionesa que vai saír no seu veleiro desde a Vila para dar a volta ao mundo.