Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

O auditorio de Nigrán ofrecerá este sábado a obra ‘O que hai que ver!’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 8 de Outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra 'O que hai que ver!' da compañía de teatro Fulano, Mengano e Citano.

A actividade ‘Marcha Nórdica’ estréase en Nigrán co aforo completo

O Concello de Nigrán estreou esta semana a actividade deportiva municipal de 'Marcha Nórdica' como parte da súa oferta pública e coa totalidade das 40 prazas cubertas.

Nigrán adica outubro ao ‘Mes da Memoria Histórica’

O Concello de Nigrán, como cada ano desde 2015, celebrará durante todo outubro o 'Mes da Memoria Histórica' como recordo do tráxico suceso da ‘Volta dos Nove' na comarca (15 de outubro de 1936).

Nigrán adquire unha cadeira de rodas para unha xogadora de baloncesto profesional

O Concello de Nigrán dá un empurrón a súa veciña Uxía Chamorro para que poida competir no Mundial de Catar 2023 de Baloncesto Adaptado.

Charla-taller sobre educación canina en Baiona

O Concello de Baiona oferta de forma gratuíta unha charla-taller de educación canina mañá, 1 de outubro, no Campo de fútbol da Ladeira, entre as 11:00 e as 14:00 horas.

Baiona acolle unha nova actuación de “Música no Ar”

O domingo 2 de outubro a Igrexa Parroquial de Santa María de Baiona será o espazo que acollera ó Trío Bórea a partir das 20:00 horas nunha nova actuación da terceira edición do programa “Música no Ar”.

III ruta ciclista “Camiño do Irmandamento”

Un ano máis o Concello de Gondomar en colaboración coa Cámara Municipal de Gondomar (Portugal) organiza o CAMIÑO DO IRMANDAMENTO, unha ruta ciclista que unirá estes dous concellos irmandados.

Nigrán celebra o Día das Persoas Maiores cunha andaina o sábado

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este sábado 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina desde o Camiño do Codaval (Priegue) ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos).

Máis de 1.000 quilos de residuos retirados do río de Gondomar

Máis de 30 voluntarios participaron este pasado domingo na xornada de limpeza de ríos que, en colaboración con ADEGA, se levou a cabo nos ríos de Gondomar, así como de outros moitos Concellos de Galicia de maneira simultánea.

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con Femupo

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) que activa o Plan Corresponsables para favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Baiona goza esta fin de semana da Romaría de San Cosme e San Damián

Este sábado, 24 de setembro, o domingo 25 e o luns 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

O Concello de Gondomar doa material informático e sanitario á Asociación Avelaíña

O Concello de Gondomar fixo entrega de diferente material informático e sanitario á “Asociación Aveleíña Saúde Mental”, nunha visita feita polo alcalde e as concelleiras, Nuria Lameiro e Rocío Goberna, ás súas instalacións en Baiona.