Domingo, 14 Setembro de 2025

Val Miñor

Nigrán prepárase para un Samaín terrorífico

O Concello de Nigrán ofrece este ano o seu programa de Samaín máis completo e truculento ata a data. Este estará centrado na infancia e comeza o venres 28 coa estrea do contacontos ‘Samagostín’ e remata o propio martes 1 de novembro coa tradicional festa de disfraces no Auditorio.

O programa ‘Coidados porta a porta’ regresan a Baiona

A campaña de “Coidados porta a porta” que ofrece coidados médicos gratuítos a maiores de 55 anos chegará a Baiona a próxima semana. O goberno local, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitou á Xunta este servizo, que se presta mediante unidades móbiles que realizan visitas de varios días aos municipios rurais.

Nigrán realizará unha gran excavación no Castro de Chandebrito e o musealizará

O Concello de Nigrán dará o pulo definitivo ao Castro de Chandebrito coa escavación máis ambiciosa ata a data. Con este fin o goberno local deu luz verde na comisión de contas de onte á consignación de 345.000 € .

Baiona despide ao alumnado de intercambio de Pornic

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de despedida do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic que durante toda a semana estivo de intercambio conviviendo con varias familias do municipio.

Chega o Samaín a Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, celebra o Samaín co espectáculo infantil “A Araña Matilda. Realmente dan medo todas as arañas?” o vindeiro luns, 31 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio Municipal V Centenario.

Os bebés de Nigrán chegarán cunha caixa regalo baixo o brazo

Os bebés nacidos en Nigrán virán cun agasallo baixo o brazo. O Concello vén de investir 3.000 € na compra de 100 caixiñas de madeira de ‘engaiolarte’ para todos os neonatos que se empadronen no municipio.

Unha vintena de mulleres de Baiona aprenden no programa “Galegas dixitais”

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que hoxe se clausurou no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.

Camos disfruta do primeiro magosto de outono

O Concello de Nigrán colabora como cada ano na celebración dos diferentes magostos nas parroquias achegando as castañas e na propia loxística.

Baiona proxectará o documental “La Cárcel de los curas”

O auditorio municipal V Centenario, situado na rúa Santísima Trinidade (Baiona), acolle este venres 21 de outubro ás 20:00h a proxección do documental “La Cárcel de los curas”.

Nigrán ofrece un curso de xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora

O Concello de Nigrán está a desenvolver un curso de 'Xestión de Almacén e Manexo de Carretilla Elevadora' para as trece veciñas desempregadas do municipio que se inscribiron nesta acción gratuíta do programa FORMA-T.

O alumnado do Instituto Lycée du Pays de Retz de Pornic está de intercambio en Baiona

Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as vilas.

Arranca a II edición do Blue Atlantic Forum

O Parador de Baiona acollerá dende este mércores ata o vindeiro venres a segunda edición do BLUE ATLANTIC FORUM, organizado polo Concello de Baiona.