Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán reclama á Xunta que “rectifique de xeito inmediato” a decisión de impedir San Roque como festivo local

O Concello de Nigrán reclama á Xunta de Galicia que rectifique "de xeito inmediato" e respecte a decisión da Corporación Municipal de establecer por vez primeira na súa historia San Roque de Camos como festivo local no 2020 "ante a coincidencia de San Fiz en sábado e ao ser declarado San Xoan festivo autonómico".

Nigrán inicia un proxecto piloto de plantación de froitos do bosque en Chandebrito

O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes de Chandebrito a plantación dunha parcela piloto de froitos do bosque en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como 'Chans do Castro' (moi próximo ao castro).

Nigrán homenaxea ás viúvas da «Volta dos 9»

O Concello de Nigrán pechou este mediodía no 'Xardín da memoria', ao carón do Pavillón de Panxón, os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a 'Volta dos 9' cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos 'Ineses'.

Nigrán elimina as verteduras de pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a través da empresa adxudicataria Sodein Soluciones Integrales os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, xa que nos momentos de moita choiva se produce desbordamento das arquetas no tramo final do río.

O Pleno de Nigrán aproba a revisión do contrato con Cespa

O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario do martes –co voto en contra do PP– a revisión de prezos dende o ano 2016 a 2018 contemplada no contrato con Cespa e que suma 3.037 € a favor das arcas municipáis.

A homenaxe ás viuvas pecha os actos de Nigrán en memoria da «Volta dos 9»

O Concello de Nigrán pecha este venres 1 de novembro ás 13:00 horas no 'Xardín da memoria' ao carón do Pavillón de Panxón os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a 'Volta dos 9' cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos 'Ineses'.

Nigrán inviste 90.000 euros na mellora da seguridade viaria en Priegue e Panxón

O Concello de Nigrán rematatou o asfaltado de cinco rúas da parroquia de Priegue e finalizará entre o sábado e luns a última das catro de Panxón cun investimento total de preto de 100.000 euros ao cargo do Plan Concellos 2019 e cuxos traballos foron adxudicados a Construcciones Fechi S.L. Este novo plan municipal busca unha mellora da seguridade viaria en zonas onde a superficie pavimentada está xa moi deteriorada.

David Fernández achega, un ano máis, a poesía visual als colexios de Baiona

Un ano máis, os alumnos de quinto de primaria de todos os centros educativos de Baiona, poderán gozar xunto ao poeta e pedagogo vigués David Fernández Rivera do Proxecto Caligrama 2000, unha iniciativa que, a través dunha pedagoxía pioneira, busca introducir aos máis pequenos no apaixonante mundo da poesía visual.

Máis de cen persoas participaron na limpeza simultánea de praias en Patos

Máis dun cento de persoas participou este mediodía en Patos na novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este).

Baiona prepara unha festa infantil con motivo do Samaín

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, prepara unha festa infantil con motivo da celebración do Samaín, a tarde do xoves 31 de outubro de 2019. Para festexar esta tradición, os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de obradoiros temáticos.

Medio centro de maiores, na andaina «Coñecendo a pé a nosa contorna» de Nigrán

O Concello de Nigrán estreou esta mañá con preto de medio cento de maiores o seu programa municipal 'Coñecendo a pé a nosa contorna', consistindo este nunha andaina polo camiño portugués pola costa dende Priegue á Ramallosa (fíxose neste sentido inverso para rebaixar a dificultade).

«La Caza», este xoves no Auditorio Municipal de Nigrán

Concello de Nigrán e Cineclub Alice Guy-Val Miñor ofrecen este xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a longametraxe danesa 'La Caza', unha producción de 1992, dirixida por Thomas Vinterberg e pola que Mads Mikkelsen foi premiado como Mellor Actor no Festival de Cannes