Venres, 12 Setembro de 2025

Val Miñor

Un incendio nun inmoble en Baiona remata cunha persoa trasladada

Un incendio declarado onte ao mediodía nunha vivenda no termo municipal pontevedrés de Baiona saldouse cunha persoa trasladada ao centro hospitalario de referencia e diversos danos materiais.

Preto de 400 nadadores participaron onte domingo na competición celebrada en Praia América

O mozo nadador de 19 anos, Miguel Martínez Novoa, cun tempo de 00:47:53, impúxose na X edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrou onte en Praia América con preto de 400 nadadores. Miguel Martínez Novoa chegou a meta por diante de Marcos Vila Cid (00:49:12) e Lucas Costa Fernández (00:49:15). Na categoría feminina, a vencedora no percorrido de 4.000 metros foi a nadadora portuguesa Soraia Ribeiro, cun tempo de 00:56:13. En segunda posición chegou Cristina García Marín (01:01:09), completando o podio Mónica Incera Filgueira cun tempo de (01:01:12).

A concellería de Iguadade do Concello de Baiona abre a inscrición para o programa ‘Achégate ás novas tecnoloxías’

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar no programa 'Achégate ás novas tecnoloxías' unha iniciativa que ten, entre outros obxectivos, dotar ás mulleres das feramentas necesarias para afrontar con autonomía a realización de xestións burocráticas nas sedes electrónicas de distintas administracións, mellorando a súa autoestima e fomentando o empoderamento.

O Concello de Baiona instala céspede artificial no CEIP de Belesar

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona que xestiona Óscar Martínez, vén de instalar céspede artificial no CEIP de Belesar de cara ao comezo de curso. Segundo sinalou o concelleiro, dita instalación da resposta "á petición expresada por nais e pais dos e das escolares así como polo propios responsables do centro educativo".

O punto limpo de Nigrán, preparado para recollida e reciclaxe do lixo eléctrico e electrónico tralas obras acometidas pola Deputación

A veciñanza de Nigrán e a súa contorna xa pode depositar os seus residuos eléctricos e electrónicos no punto limpo, tralas obras de acondicionamento acometidas pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo ESTRAEE. A deputada Iria Lamas visitou esta semana as instalacións, acompañada do alcalde, Juan González, e destacou a aposta que a institución provincial e os concellos están a facer pola recollida e reutilización dun tipo de lixo especialmente contaminante e que require de exhaustivos protocolos para o seu manexo.

O Concello de Baiona reafirma o seu compromiso coa comunidade escolar no comezo do novo curso

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado polas concelleiras e concelleiros que forman parte da Comisión de Seguimento da COVID19 nos centros escolares, e membros do grupo de Goberno, explicou hoxe as medidas que o Concello poñerá en marcha para cumprir as recomendacións sanitarias da Xunta de Galicia no que fai referencia á seguridade dos nenos e nenas que nestas datas comezan o novo curso.

Nigrán recibe a máxima puntuación no GALP Ría de Vigo con seu proxecto “Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia...

O proxecto consiste na mellora da accesibilidade e mellora ambiental en Praia América, coa instalación dun observatorio de aves na zona de protección ambiental da desembocadura do río Muíños, adaptación da pasarela de madeira e da varanda existentes, e instalación de pasarelas de madeira para o acceso á praia.

Nigrán reunirá o domingo a máis de 350 deportistas na ‘X Travesía a nado Costa Serena’

Máis de 350 nadadores de 8 Comunidades Autónomas (Galicia, Asturias, Castela-León, Madrid, Andalucía, Valencia, Navarra e Cataluña) e unha importante representación de Portugal, con idades comprendidas entre os 5 e 71 anos, participarán este domingo na X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que estará marcada por un estrito protocolo sanitario.

Nigrán e Cáritas asinan un convenio para instalar 4 colectores de roupa

O Concello de Nigrán e Servizos Comerciais de Inserción Laboral EIL de Cáritas, veñen de asinar un convenio de colaboración ao abeiro do que o Concello concede catro espazos no municipio para a colocación doutros tantos contedores de roupa por un período de dous anos, prorrogable por outros dous.

O Concello de Nigrán organiza a celebración das festas do Bo Xesús de Priegue este fin de semana

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Comisión de Festas de Priegue, organiza diversas actuacións este fin de semana no Torreiro que se encadran na iniciativa municipal ‘Música nas Parroquias.

Nigrán e Koopera Cáritas instalan catro contedores para doar roupa no concello

As catro ubicacións elexidas por Koopera Cáritas e o concello son na rúa Rosalía de Castro, Rúa das Pontes (Porto do Molle), Arquitecto Palacios en Panxón e Estrada pola Vía (nova Biblioteca Pública). Koopera Cáritas farase cargo do mantemento dos contenedores e do seguro de responsabilidade civil.

Nigrán contrata a tres persoas desempregadas do municipio para conserxes dos colexios ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

O Concello de Nigrán incorporou este martes a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a contratación dos 3 conserxes para os colexios públicos de Nigrán. Todos eles son veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego e terán que desenvolver o seu traballo no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.