O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente un programa de formación online con 10 cursos diferentes e dirixido preferentemente a desempregados do municipio co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral. O prazo de inscrición para os mesmos arranca o 13 de outubro (Rexistro ou Sede Electrónica) e rematará 5 días antes do inicio de cada un (comezan o 2 ou 3 de novembro e se extenden un mes, cunha duración de 30 a 50 horas). O máximo de solicitudes é de 5 por orde de preferencia e se poderán simultanear ata 3 cusos.
O grupo de voluntarios, composto por unha vintena de persoas, traballou onte na eliminación de dúas especies de plantas invasoras nas dunas, a conyza canadienses e a margarita africana co obxectivo de erradicalas por completo das dunas de Praia América e Panxón ao longo das 3 xornadas de voluntariado que forman a iniciativa 'Recuperando o litoral'.
O Concello de Baiona homenaxeou onte venres ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da 'Medalla de Ouro', distinción coa que se quere recoñecer a traxectoria do IEM a favor da cultura do Val Miñor e que foi acordada por unanimidade pola Comisión de Honras e Distincións do Concello que preside Carlos Gómez.
O alcalde de Gondomar desmente e insta á Plataforma de Protección dá Serra do Galiñeiro que lean con detemento e exactitude o “informe de avaliación ambiental”, un documento complexo e técnico de aí seguramente o seu descoñecemento sobre o mesmo, o que supuxo crear unha alarma social sobre uns feitos que non son certos.
O Concello de Nigrán presentou esta onte o proxecto 'Un Nigrán para todos' nas primeiras xornadas da Universidad de Granada sobre discapacidade, diversidade e igualdade na industria da música. A través de videoconferencia, o alcalde, Juan A.González, participou nunha mesa redonda adicada ao proxecto do municipio 'Un Nigrán para todos' e 'Invencibles' da banda almeriense Nixon, considerados ambos referencias nacionais en visibilización.
“Poe Xia”, un contacontos moi especial e enmarcado dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, levantará o pano desta fin de semana. Con entrada gratuíta e aforo limitado e axustado ás necesidades que marcan a “nova normalidade”, hoxe a partir das 18.00 horas os asistentes poderán gozar da historia de dúas amigas “Poe e Xia”, un recital que rende homenaxe aos autores e autoras que coas súas obras converteron “a infancia nun territorio especial e único”.
A Vila de Baiona contará por primeira vez cun completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ e que se sucederán ao longo do mes de outubro.
En concreto, o programa é o froito do traballo conxunto da Concellería de Igualdade de Baiona, de activistas da Marcha Mundial das Mulleres e da Casa Colorida, e conta tamén coa colaboración da Asociación de Amas de Casa de Baiona e a Asociación de Viúvas de Baiona.
O Concello de Nigrán recibíu hoxe ás catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia 'O teu primeiro emprego', da Deputación de Pontevedra. En concreto, trátase de persoal que ten o Ciclo Superior en Administración e Finanzas pero sen experiencia laboral previa no eido da súa formación, tal e como indican as bases e como se seleccionou desde a Oficina de Emprego.
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, continuou onte en Baiona coa rolda de contactos iniciada cos alcaldes dos municipios da área territorial,...
O alcalde do Concello de Nigrán, Juan A.González, presentou onte no Auditorio Municipal o segundo encontro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda (GALP 7) para avanzar na posta en marcha dun proxecto destinado a por en valor o patrimonio marítimo de toda a zona de influencia. A esta reunión acudiron representantes de diferentes entidades implicadas, como Anfaco, Porto de Vigo, Campus do Mar...
O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu onte a presentación de 'Ritmos dá Hispanidade', unha programación deseñada con motivo da celebración do día da Hispanidade. A concellería de Cultura, que dirixe Miriam Costas, quixo dar "un paso máis" na celebración desta efeméride programando unha fin de semana chea de concertos dedicados a tres países iberoamericanos, Cuba, Brasil e Arxentina, –que xogaron un papel fundamental na inmigración galega–, enseñanado e divulgando toda a riqueza cultural destes países de acollida.
O Concello de Nigrán constata a reducción da presenza de vespa velutina na comarca tras retirar persoalmente o edil de Sanidade máis de 500 niños nos últimos tres anos e repartir gratuítamente 1.200 trampas entre a veciñanza. Así, se no ano 2018 a súa concellalía retirou 270 niños, no 2019 foron 175 e neste ano lévanse 81 (nos vindeiros días, eliminaranse unha ducia máis, sendo 93 a totalidade dos que se teñen notificado ata a data).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.