Domingo, 14 Setembro de 2025

Val Miñor

A Xunta licita a mellora das instalacións do IES Primeiro de Marzo de Baiona por preto de 293.000 €

A Xunta de Galicia vai investir preto de 293.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Primeiro de Marzo, de Baiona, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo COVID.

Baiona insiste sobre a necesidade de cumprir as normas sanitarias para previr a transmisión comunitaria da COVID-19

A Policía Local de Baiona e a Garda Civil veñen de poñer en marcha un operativo para informar e recalcar entre a poboación a importancia do cumprimento das medidas sanitarias –coincidindo coas festas do Nadal– co fin de reducir o risco de transmisión comunitaria da COVID-19, evitar os contagios e, dese xeito, impedir a expansión da enfermidade.

Doce mulleres baionesas, protagonistas do calendario 2021

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona en vista do éxito das Axendas Igualitarias 2021 edita un calendario para o ano 2021 coa historia das 12 mulleres baionesas protagonistas desta axenda. Esta acción ven a por o remate do proxecto 'Igualdade todo o ano' impulsado pola concellería no seu compromiso por levar a cabo actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e contra as violencias machistas.

Os concellos do Val Miñor inauguran a segunda edición do obradoiro dual de deseño gráfico e coidados sociosanitarios

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou hoxe a segunda edición do obradoiro dual de emprego 'Crea e Coida Miñor' promovido polos tres concellos do Val Miñor e que está orientado por un lado a formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou en domicilio, e, por outro, a deseño de produtos gráficos destinados a promover a comarca.

O Concello de Nigrán muda o pavimento da pista do pavillón municipal por PVC de 6 mm

O Concello de Nigrán ven de investir 40.000 € con cargo ao remanente de Tesourería para mudar a pista do Pavillón Municipal de Panxón por PVC de 6 mm dando así un gran salto de calidade nas súas instalacións.

Baiona inicia unha campaña publicitaria deseñada para atraer o turismo interior

O Concello de Baiona vén de poñer en marcha unha campaña publicitaria para a promoción do municipio. A campaña emitirase na televisión autonómica co fin de manter viva a evocación dos aspectos positivos do municipio como destino turístico entre aqueles que xa o coñecen e gozaron aquí das súas vacacións, pero tamén para posicionar Baiona como un posible lugar de interese para aqueles que se decidan a viaxar dentro da nosa comunidade autónoma cando mellore a situación actual derivada da crise sanitaria do Coronavirus.

O Concello de Nigrán solicita a Portos de Galicia queu repare con urxencia a iluminación do porto pesqueiro de Panxón

O Concello de Nigrán pedíu a pasada semana oficialmente á Xunta, a través do alcalde, que repare con urxencia a iluminación do porto pesqueiro de Panxón ou permita actuar ao consistorio, xa que os mariñeiros e demais usuarios levan unha semana traballando totalmente a escuras co perigo que iso conleva.

Nigrán aproba o proxecto para crear o seu primeiro parque forestal ‘Río Matos-Táboas’ tras recibir o último informe sectorial

O goberno de Nigrán aprobou o proxecto para crear o primeiro parque forestal da comarca, situado na zona do Río Matos - Táboas (no monte comunal das parroquias de Camos e Chandebrito) despois de 20 meses de espera polo informe sectorial favorable da Axencia Galega de Infraestruturas.

O Concello de Nigrán realiza, antes de Noiteboa, un novo reparto de alimentos entre 50 familias coa colaboración de Frutas Nieves

O Concello de Nigrán está a realizar, antes de Noiteboa, un novo reparto de alimentos entre 50 familias do municipio en situación de vulnerabilidade. Nesta ocasión, o Concello adquiriu no comercio local 98 kg xamón fresco e 90 polos que se sumán á doazón da empresa Frutas Nieves de 80 piñas, 80 coliflores e 80 paquetes de uvas.

Nigrán ofrece hoxe o concerto de D’Lider na Praza do Concello

O Concello de Nigrán ofrece hoxe mércores 23 ás 19:00 horas na Praza do Concello o concerto de D´Líder e, en caso de choiva, será no Auditorio Municipal. O grupo de Nigrán ofrecerá un espectáculo moi especial adaptado a estas datas e no que non faltarán grandes éxitos da música.

O alcalde de Nigrán recibe aos responsables de Lugove, nova UTE concesionaria do transporte na comarca

O alcalde de Nigrán, Juan González, reuníuse onte con responsables da UTE concesionaria do novo servizo de transporte no Val Miñor, Lugove, para coñecer de preto todas as novidades ante o comezo do seu funcionamento este mércores 23 de decembro.

O Concello de Nigrán aproba no pleno 120.000 € en axudas directas ao sector hostaleiro e do taxi

O goberno de Nigrán aprobou coa unanimidade da Coporación no pleno desta mañá as bases para establecer axudas directas de 120.000 € ao sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro e ao sector do taxi da localidade prexudicado polas restrición de mobilidade.