A Bilioteca Municipal de Nigrán ofrece desde este venres e ata o 8 de outubro catro sesións de contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura 'Ler conta Moito'. Por cuestións de seguridade sanitaria este ano terán lugar todos no Auditorio Municipal e será imprescindible a incrición previa na propia biblioteca, no correo [email protected] ou no 986 383 979.
O Concello de Nigrán avanza para garantir a seguridade nas praias do vindeiro verán ao outorgar o certificado oficial de socorrismo a 8 veciños que xa poderán exercer como tal ao dispor xa do certificado de profesionalidade requirido. Paralelamente, ultima unha nova edición coas mesmas características. Foi precisamente con este obxectivo de atallar coa dificultade de cada ano de obter titulados para traballar nos areais co que o Concello investíu 15.000 euros neste curso de 10 persoas (8 aprobadas) impartido por BIG Formación para ofrecelo de xeito gratuito, circunstancia que repetirá nos vindeiros meses.
O Concello de Nigrán súmase por sexto ano consecutivo o domingo 27 de setembro ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no último curso do río Muíños, en Praia América (en anteriores edicións foi o Esteiro de A Foz ou a propia desembocadura deste río). Trátase da 'XIII Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social.
O deputado do Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, vén de manter en Nigrán un encontro coa Coordinadora para o Estudo dos MamíferosMariños (CEMMA) no marco da súa actividade como membro das comisións de Pesca e Medio Ambiente. Foi recibido polo presidente do organismo, José A. Martínez Cedeira e polo biólogo da coordinadora, Alfredo López. Tamén participaron na reunión o alcalde de Nigrán, Juan A. González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García aos que o eurodeputado felicitou polo compromiso do Concello de Nigrán con esta ONG.
O artista invidente Serafín Zubiri, acompañando pola pianista e profesora do conservatorio de Gondomar Brenda Vidal e a Banda de Música de Vincios, despedirán este sábado 19 de setembro o verán no campo de fútbol de Lourido (Nigrán, 21:00 horas) co concerto inclusivo “Lembrando a Nino Bravo”. Con esta unión de talentos musicais exposta ex-profeso para a ocasión desde ‘Un Nigrán para todos’ o Concello adianta a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas do día 26 de setembro.
O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton...) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece unha nova oportunidade para realizar gratuítamente durante o mes de outubro catro “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán 'Gain Over', composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk.
O Concello de Nigrán ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento no barrio de Tomadas (Chandebrito). Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar. A través do persoal municipal o Concello emprendeu as obras e realizou a conexión mediante a instalación de 100 metros de tubaxe en PVC para completar a rede en este barrio de Chandebrito.
O Concello de Nigrán e Cine Clube Val Miñor “Alice Guy” ofrecen este sábado 12 de setembro, no Auditorio Municipal, unha selección de curtametraxes do Festival de Cans 2020. Levarase a cabo en dous bloques, o primeiro dende as 19:15 horas e o segundo dende as 21:00 horas.
O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creou un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación a fináis de agosto para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.
En vista das dificultades de moitas familias para conseguir as máscaras e o custo engadido que supón os produtos de hixiene para os centros educativos tanto públicos como concertados, o Pp de Nigrán a presentado unha moción para que se dote unha partida económica de 55.000€ dos fondos destinados á pandemia co fin de prover ás familias das máscaras cirúrxicas para os alumnos; tamén aos profesores e aos centros dos produtos de hixiene necesarios.
O Concello de Nigrán estrea un gran mural en toda a entrada ao Auditorio Municipal de Nigrán realizado polo artista multidisciplinar Diego Lago, quen traballou durante 3 intensas semanas neste proxecto encargado desde a Concellería de Cultura para imprimir singularidade e cercanía neste espazo público. Así, os preto de 40 metros de parede conforman un auténtico lenzo onde se representa boa parte das artes escénicas mediante 6 sorprendentes pinturas hiper-realistas.
O Concello de Nigrán, a través da empresa municipal de limpeza CESPA, iniciou esta semana as labores de desinfección na contorna dos colexios, coincidindo co inicio do curso escolar, e noutras zonas máis sensibles como as marquesiñas onde os nenos esperan o autobús e son moi concorridas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.