4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránA Biblioteca de Nigrán ofrece, dende este venres e ata o 8...

    A Biblioteca de Nigrán ofrece, dende este venres e ata o 8 de outubro, catro sesións de contacontos infantís no auditorio municipal

    Terán lugar o venres 18 e 25 de setembro e os xoves 1 e 8 de outubro e, por medidas de seguridade sanitaria, resulta imprescindible a inscrición previa no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986 383 979

    A Bilioteca Municipal de Nigrán ofrece desde este venres e ata o 8 de outubro catro sesións de contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura ‘Ler conta Moito’. Por cuestións de seguridade sanitaria este ano terán lugar todos no Auditorio Municipal e será imprescindible a incrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986 383 979.

    O ciclo comezará este venres 18 ás 18:00 horas (todos serán a esa mesma hora) a cargo de ‘Donde viven los cuentos’ coa sesión ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’, dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Trátase dun contacontos interactivo baseado no conto ‘Daniela y las chicas pirata’ de Susana Isern, segunda de parte de ‘Daniela Pirata’. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.

    O venres 25 continúa con ‘Unha viaxe para cantar e contar’ tamén a cargo de ‘Donde Viven los cuentos’ e para idades de 0 a 5 anos. Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo.

    A terceira sesión será o xoves 1 de outubro con ‘Cinema Marabillas. Ver para ler’, a cargo de Raquel Queizás e para crianzas a partir de 5 anos. Descubriremos a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo e facerlles ver que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Non faltará aventura, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

    Finalmente, Raquel Queizás remata o ciclo con ‘Travesías. Aventuras de libro’ para crianzas a partir de 3 anos. Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.