Venres, 4 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán abre mañá o prazo de inscrición na primeira escola de surf municipal para crianzas nadas entre 2010 e 2013

O Concello de Nigrán incorpora o surf a súa oferta de actividades deportivas municipais por vez primeira na súa Historia. As clases, que comezan o 2 de novembro e serán semanais, estarán impartidas por monitores federados da Asociación de Escolas de Surf de Patos e están dirixidas a crianzas nadas entre os anos 2010 e 2013

Nigrán estreouse cunha andaina logo de sumarse ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

O Concello de Nigrán continúa a dar pasos de cara a obter o selo 'Cidade Amiga da Infancia' outorgado desde Unicef. Deste xeito, o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán (creado en xuño) estreou este venres e sábado a súa andaina ao sumarse con 5 representantes ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente.

O Concello de Nigrán e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Nigrán pola man da colaboración entre o concello pontevedrés e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

Un total de 156 maiores de Nigrán visitan o Cebreiro ao abeiro do programa de Turismo Social

Un total de 156 maiores de Nigrán retomaron onte o programa municipal de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión a Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Nigrán continúa esta fin de semana coa programación do mes do teatro con ‘Fulano, Mengano e Citano’

O Concello de Nigrán continúa este sábado 23 co 'Mes do Teatro' coa representación de ‘Top Manta’ ás 20:00 no Auditorio Municipal a cargo da compañía viguesa ‘Fulano Mengano e Citano’, que acude grazas ao programa da Deputación de Pontevedra ‘Tornar ás táboas’.

Nigrán participará na bonificación 2022 do transporte metropolitano para favorecer á veciñanza

O Concello de Nigrán consignará no vindeiro pleno do 25 de outubro 50.967 € para bonificar o transporte metropolitano na área de Vigo aos seus veciños durante o 2022, cantidade que volverá a asumir o municipio no 2023, tal e como figuran no novo convenio de colaboración coa Xunta.

Máis de 200 escolares de Nigrán recibirán un bautismo de surf gratis

O Concello de Nigrán rematou o seu primeiro programa de bautismos de surf gratuítos dirixidos a escolares do municipio co fin de promover desde a infancia este deporte de gran raigame na localidade.

Nigrán pon en marcha unha aplicación móbil para facilitar o aparcamento ás persoas con discapacidade

O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas estreando en Galicia nos vindeiros días Parking Gapp, unha novidosa aplicación móbil gratuíta que facilitará o emprego das prazas de aparcamento ás persoas con discapacidade.

A Deputación impulsa un novo Certame provincial de Regueifa no Val Miñor, Condado e Baixo Miño

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.

O CB Nigrán presenta as súas novas equipacións na festa de inicio de tempada

O acto, que tivo lugar a pasada fin de semana, comezou co desfile dos nove equipos que competirán esta tempada vestidos coas novas equipacións que adquiriu o club.

Nigrán inicia a roza dos camiños e muíños do futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ de cara a crear este bosque protexido

O Concello de Nigrán traballa xa sobre terreo para crear o primeiro parque forestal da comarca na zona que máis sufríu os incendios de 2017. Así, a través da empresa Laxes Ambiental, iniciou esta semana os traballos de roza dos sendeiros e muíños que discorren por 'Os Matos-Río Táboas', en Camos en Chandebrito, como parte do plan de prevención e defensa contra incendios imprescindible para comezar a desenvover este espazo natural.

Este domingo conmemorarase en Chandebrito o cuarto aniversario dos incendios

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños 'O Castro' conmemoran este domingo 17 de outubro na parroquia o 'IV Aniversario dos Incendios' cunha prantación desde as 11:30 horas na zona de 'Chans de Rapadouro' de 200 especies autóctonas doadas polo CFEA de Lourizán dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta.