Domingo, 16 Marzo de 2025

Nigrán continúa esta fin de semana coa programación do mes do teatro con ‘Fulano, Mengano e Citano’

A compañía viguesa representará a comedia ‘Top Manta’ a través do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán continúa este sábado 23 co ‘Mes do Teatro’ coa representación de ‘Top Manta’ ás 20:00 no Auditorio Municipal a cargo da compañía viguesa ‘Fulano, Mengano e Citano’, que acude grazas ao programa da Deputación de Pontevedra ‘Tornar ás táboas’.

Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, ‘Top Manta’ é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do “politiqueo barato”.

O ‘Mes do Teatro’ péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos ‘Lisístrata’ do grupo ourensán Teatrino.