A nova Biblioteca de Nigrán (Estrada pola Vía, 118) acolle este venres 19 de novembro ás 20:00 horas un encontro do escritor Pedro Feijoo cos lectores interesados en falar da súa obra ou de literatura en xeral.
O Concello de Nigrán, como cada outono, organiza este sábado 20 de novembro un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito).
“Ningunha Administración investiu tanto e con tanto tino para transformar os tres concellos do Valmiñor”. Así o reivindicou hoxe a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a súa comparecencia para render contas dos seis anos transcorridos dende o cambio no Goberno provincial.
O Concello de Nigrán continúa coa súa programación especial adicada á ‘Memoria’ coa homenaxe este sábado 20 de novembro a Xohana Torres (Santiago, 1931 - Vigo, 2017), unha das escritoras máis importantes da posguerra e o franquismo en lingua galega e que mantivo un especial vínculo co municipio ao pasar en Monteferro boa parte da súa vida.
O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada as obras para transformar as antigas casas dos mestres de Vilameán ao carón da Casa Consistorial nun local social a disposición da terceira idade.
O PP de Nigrán presentará no próximo pleno unha moción para que o Goberno municipal desenvolva un plan de transporte integral para o Concello de Nigrán, acordado coa veciñanza.
O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class.
Unha delegación de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade liderada polo alcalde de Nigrán como presidente da entidade, atópase desde onte e ata mañá venres en Córdoba para participar no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, que busca poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento impulsada polos municipios.
O Concello de Nigrán incorpora Piano a súa oferta de activides culturais municipais despois de que o ano pasado se adquirise un piano de cola para este fin. O prazo de inscrición será só para os empadroados este mércores e xoves (10 e 11 de novembro) de 9:00 a 13:00 horas no Auditorio Municipal e, no caso de sobrar prazas, o venres seguirá aberto tamén con opción para os non empadroados.
O Concello de Nigrán inaugura este luns 8 de novembro ás 18:00 horas na nova Biblioteca Municipal a exposición de arte contemporánea ‘Praextere’ a cargo de Anubis Muñoz, veciña do municipio licenciada en Belas Artes no 2020. Estará aberta ata o 21 de novembro e o horario de visita será de luns a venres de 10:00 a 12:00 e 18:00 a 20:00 e fins de semana de 10:00 a 12:00 horas.
O Concello de Nigrán ultima as obras para reabrir o parking de A Ramallosa no inicio da campaña do Nadal e poder fornecer así de 357 prazas de estacionamento á zona despois de 5 anos pechado.
O Concello de Nigrán mantén a súa aposta por preservar as traídas de augas veciñais destinando 60.000 € do remanente para colaborar coas seis entidades que existen no municipio (dúas en Chandebrito e catro en Camos, a primeira parroquia sen nada de abastecemento público e a segunda con só unha parte).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.