Sábado, 5 Xullo de 2025

Nigrán

Concello de Nigrán, Asociación Galega de Lupus e Comunidade de Montes de Chandebrito ‘I Foliada Solidaria AGAL’

Asociación Galega de Lupus (AGAL), Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito unen forzas este sábado 14 de maio para organizar a 'I Foliada Solidaria AGAL' como eixo central dos actos en Galicia polo día mundial desta enfermidade o 10 de maio e como parte da programación do Concello polas Letras Galegas.

Nigrán acolle este sábado un concerto de clarinete e piano

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 14 de Maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de clarinete e piano a cargo respectivamente de Jorge Manuel Aldao López e Alicia González Permuy.

O Concello de Nigrán convoca o seu ‘I Certame Infantil e Xuvenil de Relatos Curtos Carlos Casares’

O Concello de Nigrán vén de convocar o seu 'I Certame Infantil e Xuvenil de Relatos Curtos Carlos Casares' dirixido a todos os centros públicos e concertados do municipio (Primaria, Secundaria e Bacharelato) ou de Educación Especial.

O Concello de Nigrán arranca este sábado a súa programación especial do Mes das Letras Galegas

O Concello de Nigrán arranca este sábado 7 de maio ás 21:00 horas na Alameda de A Ramallosa a súa programación especial polo ‘Mes das Letras Galegas’ co concerto estrea da nova xira de ‘A Banda da Loba’.

A Mancomunidade do Val Miñor adquirirá un furgón de Protección Civil

A Xunta da Mancomunidade aprobou a consignación de 14.000 € para mercar un furgón á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor, concretamente unha Fiat Ducato de 9 prazas. A proposta da presidencia fora acordada previamente polas tres alcaldías que conforman o Val Miñor tras recibir esta petición.

A Mancomunidade do Val Miñor promoverá a práctica dos bolos celtas entre os escolares

A Mancomunidade do Val Miñor destinará 9.000 € do seu Remanente de Tesourería para a promoción da práctica dos bolos celta entre os escolares de toda a comarca. Así se aprobará hoxe na Xunta de Mancomunidade tras acordar previamente os tres alcaldes unha modificación de crédito que, entre outros, inclúe este obxectivo concreto.

Nigrán pon en marcha a primeira brigada contra incendios 100 % municipal

O Concello de Nigrán estreou o 1 de abril a primeira brigada completamente municipal de prevención de incendios de toda a comarca. O goberno local optou pola contratación directa e posta en marcha despois de que as experiencias anteriores dependentes de subvencións da Xunta de Galicia retrasasen o seu funcionamento ao mes de setembro por cuestións meramente administrativas.

O Concello de Nigrán recupera este sábado a gala dos ‘X Premios Nigrán’

O Concello de Nigrán recupera este sábado 30 de abril a súa tradicional gala dos 'X Premios Nigrán' despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

O Concello de Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz este sábado

O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz este sábado convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2022 na súa XVI edición.

Os bautismos de surf gratuítos volven a Nigrán

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de bautismos de surf gratuítos dirixidos a escolares do municipio co fin de promover desde a infancia este deporte de gran raigame na localidade.

Nigrán estrea o seu primeiro horto urbán comunitario

O Concello de Nigrán estreou este sábado no núcleo urbano da Ramallosa (ao carón da piscina) o seu primeiro horto urbano comunitario da man da cooperativa local 'SomosTerra', encargada tamén de dirixir este curso os cultivos nos centros escolares de Nigrán.

Nigrán renova o convenio con Fegatea para levar 10 obras de teatro ao concello

O Concello de Nigrán vén de asinar un novo convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título ‘Fegateatro Nigrán 2022’, repetindo así a boa experiencia de 2021.