Mércores, 7 Maio de 2025

Nigrán

Arranca na Guarda a primeira etapa de ‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’

O alcalde de Nigrán, Juan González, e dúas das súas concelleiras participaron hoxe na primeira etapa do proxecto 'Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos', no que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) xunto a persoal especializado percorrerán a ruta oficial pola costa dende A Guarda ata Nigrán.

Nigrán grita, co seu silencio, contra a violencia machista

As veces, un silencio di moito máis que mil gritos. Traballadores e traballadoras do Concello de Nigrán, Corporación Municipal e veciños e veciñas, concentráronse diante da Casa do Concello para, con esa presenza silenciosa, amosar a súa dor polo triple crime machista de Valga.

Nigrán encarga ao director de teatro Diego Valeiras a posta en escena da Cabalgata de Reis 2020

O Concello de Nigrán busca abrir, o 2020, cunha Cabalgata de Reis convertida no que ten que ser esa data para os máis pequenos e pequenas, unha festa da ilusión. Para iso nada mellor que contar con profesionais das artes escénicas, domo Diego Valeiras, para que lle dean forma a esa viaxe máxica que, cada ano, "emprende a Estrela de Oriente para guiar aos Magos a todas as casase cumprir os desexos dos máis cativos e cativas e tamén dos maiores que aínda temos agochado ese neno e nena no noso maxín".

Priegue celebra este sábado o ‘II Certame de acordeóns’

O Centro Cultural “O Torreiro” de Priegue en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra celebra este sábado 14 de setembro o “II Certame de Acordeóns” no que participarán os grupos de arcodeóns Brisas de Bouzas, o grupo de acordeóns do CV Matamá e o da Tataraña de Vigo.

Nigrán remata a renovación da contorna do Pavillón Municipal de Deportes

O Concello de Nigrán rematou as obras de acondicionamento das beirarrúas na contorna do pavillón, unha actuación na que se invisten 73.000 euros a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Estas comprenden as rúas Gondomar, Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo, todas en moi mal estado e inaccesibles debido a antigüidade da loseta hidráulica (nunca se repuxera dende a construción do pavillón).

Nigrán acolle o ‘II Festival de Percusión Afrobrasileira «Apertuke»’

Nigrán acolle, nesta vindeira fin de semana, o segundo 'Festival de Percusión Afrobrasileira «Apertuke»', organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta' coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

Nigrán, novas tecnoloxías para ampliar á atención as persoas con Alzhéimer

O alcalde de Nigrán, Juan González, e o Presidente de Afaga Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez mantiveron onte unha reunión no Concello de Nigrán na que se revisou e avaliou o programa de atención a persoas con demencias que se desenvolve na localidade.

Protección Civil do Val Miñor presenta o seu informe do verán 2019

"Dende o concello de Nigrán queremos facer público e trasmitir o agradecemento de toda a cidadanía á Asociación de Voluntarios de Protección Civil que fan posible que o verán sexa máis seguro", declarou hoxe o alcalde de Nigrán na presentación do informe do verán de Protección Civil.

Prado Surf Escola, 12 anos de dominio no surf galego

O pasado domingo 1 de setembro Prado Surf Escola proclamábase, por duodécima vez consecutiva, Campión Galego por Equipos no Campionato Galego de Surf que se disputou nas augas coruñesas da praia de Caión. Durante a fin de semana case 200 deportistas dábanse cita no areal coruñés para competir no Campionato Galego, tanto individual coma por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf e Bodyboard.

O goberno de Nigrán reafírma o seu compromiso co tecido asociativo do municipio

O Concello de Nigrán ven de conceder 45.000 € as entidades deportivas, cultuáis e veciñais. O Concello de Nigrán realizou un ano máis a convocatoria co obxecto de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades das entidades e que complementan a programación dos servicios municipais e que se realizan con carácter público en Nigrán durante o ano 2019.

Nigrán sinaliza o Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán rematou a sinalización do Camiño Portugués pola Costa na súa variante non oficial polo litoral do municipio, un trazado que elixen moitos peregrinos polo atractivo diferente que presenta pero que está deficientemente indicado.

Nigrán presenta “numerosas alegacións” a un plan de transporte que “desatende o interior”

O Concello de Nigrán presentou este pasado venres as súas alegacións ao anteproxecto de explotación do Plan de Transporte Público de Galicia 2020 para que se corrixa, entre outras moitas cousas, a supresión de frecuencias da liña Vigo-Baiona/Baiona-Vigo tanto por Panxón como pola estrada xeral (PO-552) ou se subsane o illamento que se contempla novamente das parroquias do interior.