Sábado, 10 Maio de 2025

Nigrán

Nigrán informa da convocatoria do programa ‘Benestar en Balnearios’

O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de solicitude ata o 18 de outubro para participar no programa de 'Benestar en Balnearios 2023' da Consellería de Política Social, cun total de 1.204 prazas para as estancías e o tratamento termal para disfrutar entre o 22 de octubro e o 31 de decembro deste ano.

Nigrán creará en 4 anos un percorrido seguro de 67 km en bicicleta

O Concello de Nigrán dará un paso de xigante nos vindeiros catro anos de cara a que a bicicleta sexa o gran referente da mobilidade sostible no municipio

Nigrán establece un servizo técnico para informar sobre o PXOM

O Concello de Nigrán establecerá desde o luns 25 de setembro ao venres 6 de outubro un servizo específico de atención a persoas interesadas en coñecer detalles concretos do documento previo do PXOM que se proporá para aprobación provisional.

Nigrán retoma os cursos de envellecemento activo

O Concello de Nigrán retomou esta semana os cursos de envellecemento activo despois das vacacións de verán. En total, participan 170 maiores do municipio (cifra récord) nas diferentes actividades ofrecidas no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e, por vez primeira, tamén no Local Social de Vilameán .

O Concello de Nigrán conmemorará o xoves o Día Mundial do Alzhéimer

O Concello de Nigrán, en colaboración con Afaga, conmemora este xoves 21 de setembro o Día Mundial do Alzheimer establecido pola OMS con diferentes actos no Auditorio Municipal abertos á participación da veciñanza (o Concello de Nigrán declarouse no 2015 'Localidade Solidaria co Alzhéimer').

A canteira do surf galego volve brillar en Patos

Gran actuación de todos os deportistas galegos das categorías Sub 12 e Sub 16 que participaron este pasado sábado na 2º proba da liga Galega Interescolas organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán

Nigrán estrea a curta documental sobre Rosalía González, a última redeira de Panxón

O Concello de Nigrán vén de estrear en redes o derradeiro documental da triloxía 'Nigrán na Memoria', o correspondente a Rosalía González, representante da última xeración de redeiras de Panxón.

Nigrán ofrece en Gaifar o festival de percusión afrobrasileira ‘Apertuke’

O Concello de Nigrán, un ano máis e como despedida xa do verán, ofrece o 16 e 17 de setembro o IV Festival de Percusión Afrobrasileira “Apertuke”, organizado a través da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta'.

O CEIP Humberto Juanes estreou a súa nova cociña

Crema parmentier, abadeixo salteado con verduras, iogur e pan. Con este menú estreou o luns a empresa concesionaria Aramark a cociña escolar municipal construída polo Concello de Nigrán no CEIP Humberto Juanes tras realizar un investimento de 373.878 €.

A Xunta favorece o ocio educativo para persoas con discapacidade en Nigrán

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou os participantes da última quenda de campamentos de verán da Xunta na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán.

Nigrán abre o prazo de inscrición para actividades socio-deportivas e culturais

As inscricións serán os días 12 e 13 de setembro para o alumnado inscrito no curso 2022-2023 nunha actividade estando empadroado no Concello de Nigrán (e que segue a estalo) e que desexe continuar na mesma actividade e no mesmo horario no curso 2023-2024.

Nigrán oferta un curso de manexo de dispositivos móbiles para maiores

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada.