Sábado, 10 Maio de 2025

Gondomar

Os camiños de Mañufe, en Gondomar, estrean pavimento e gañan en seguridade tras un investimento de 78.000 euros da Deputación

A veciñanza do barrio Cristillón e do camiño de Levadas-A Cruz, ambos na parroquia gondomaresa de Mañufe, gozan de accesos completamente renovados despois doas obras realizadas polo Concello con cargo ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento total que supera os 78.000 euros.

Xuventude ofrece cursos adaptados ás necesidades xeradas tras a pandemia

A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.

Gondomar humanizará varias vías do seu concello grazas aos investimentos da Deputación

Gondomar verá renovada a imaxe da interconexión das rúas San Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chain-Morgadáns a través dun proxecto aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Estas melloras contan cun orzamento de case 271.800 euros e levaranse a cabo grazas a un convenio de colaboración entre o ente provincial e o concello de Gondomar.

Xuventude de Gondomar pon en marcha unha campaña de promoción da lectura

Abrir a porta ás novas xeracións aos diferentes mundos que se ocultan entre as páxinas dos libros e motivar o seu gusto pola lectura é o obxectivo de “Abrindo portas. A lectura ten o poder de transformar”, que o departamento de xuventude pondrá en marcha este próximo venres e que se desenvolverá mensualmente.

O mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

Ante o descenso de casos de Covid-19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa Concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro.

O río Miñor rexistra un incremento significativo do seu caudal ao paso pola localidade de Gondomar

Nas últimas horas, o río Miñor presentou valores de caudal por riba dos limiares establecidos, polo que, desde o 112 Galicia, foron informados os servizos de emerxencias da zona para que adoptaren as medidas de prevención correspondentes.

“O Entroido volverá” o vídeo que convida a Gondomar a manter viva a súa celebración

A produción audiovisual anima a veciñanza nestes momentos que vivimos lembrando que é algo pasaxeiro, e que o Entroido, unha festa tradicional no municipio, só toma un pequeno descanso porque “as máscaras, o que se sente, encérranse nun baúl que pronto se volverá a abrir en Gondomar, onde a rúa bailará, a xente cantará e todo pasará…”.

A Xunta inviste 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor en Gondomar

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou un investimento da Xunta de 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor, en Gondomar.

O Concello de Gondomar pospoñerá a celebración do Entroido ata o verán

A situación de pandemia que está a vivir a comunidade autónoma e as restricións ás que se viron sometidos os seus municipios fan imposible a celebración do entroido, celebración con moita tradición en Gondomar, onde o seu goberno non quere dalo por perdido e facendo provisión de optimismo anuncia que a súa celebración pospoñerase “ata xullo”.

Paco Ferreira, “goberno para facer pobo, non para gañar unhas eleccións”

Francisco Ferreira, ou Paco Ferreira como lle gusta que lle chamen, é alcalde de Gondomar por segundo mandato consecutivo. Home falador, aberto e espontáneo, gústalle chamarlle as cousas polo seu nome a risco de ser 'politicamente incorrecto'. Pode que ese sexa o motivo polo que, tras un primeiro mandato convulso e complexo que comezou sendo un tripartito e rematou gobernando en minoría, o faga agora cunha maioría absoluta que, nas súas palabras, “non impide que busquemos consenso pero permite desenvolver os proxectos con maior axilidade”.

Xuventude e a comunidade educativa de Gondomar xuntos contra o acoso xuvenil

Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.

A Xunta activa o Plan Especial de Risco por Inundación ante a suba do caudal do río Miñor

Os sistemas de control e seguimento da Rede de Aforos de Augas de Galicia indican que a seguinte estación continúa en seguimento ao superar os limiares.