Domingo, 11 Maio de 2025

Baiona

A deputada Ángeles Marra vista Baiona para trasladar o compromiso do Goberno central co municipio

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e concelleiras e concelleiros do grupo municipal socialista de Baiona mantivero no día de onte unha reunión de traballo coa deputada pola provincia de Pontevedra e portavoz de o PSOE na área de Transformacion Dixital no Congreso, Ángeles Marra. Durante o encontro, ambas as partes repasaron os investimentos aprobados este ano polo Estado en Baiona á vez que o grupo socialista local trasladáballe novas reivindicacións a Marra.

Baiona continua co seu programa de mellora enerxética do alumeado público apostando polos LED

O Concello de Baiona continúa co seu plan para mellorar a iluminación pública da localidade. Nese sentido, nestes días procedeuse á substitución das luminarias do vial da estrada principal de acceso á localidade desde a rotonda que dá inicio á Avenida Urbana de Sabarís ata a rotonda do monumento do Rey Alfonso IX.

O Concello de Baiona finaliza as obras de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar

Os traballos de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar finalizaron. O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, visitaron o final das obras.

O III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona celebrarase o sábado 17 de abril

Baiona acollerá o vindeiro sábado 17 de abril o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona. Un evento organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, coa colaboración do Concello anfitrión, que reunirá a numerosos deportistas en augas de Cabo Silleiro.

Ignacio Sánchez Otaegui, “aínda que manteremos o espírito da proba, este ano introduciremos cambios no Conde de Gondomar”

Ignacio Sánchez Otaegui é o comodoro do Monte Real Club de Iates de Baiona e responsable das regatas e todo o que atinxa ao apartado deportivo do Club. Nesta entrevista fai un repaso, polo miúdo, das regatas celebradas ata o momento, das dificultades derivadas da COVID-19 e pon foco tamén nas competicións máis próximas.

O alumnado de Animación Sociocultural e Turística pon unha nota de cor no noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.

Nacho Carreras, “sufro morriña perpetua y solo pienso en cuándo podré volver a casa”

Habla de Baiona con la pasión del que echa de menos su tierra. Dice que padece de 'morriña perpetua' y que no ve la hora de volver. Nacho Carreras aún no ha regresado a su casa (como él la llama) desde que publicó El ángel fiel. En su primer libro, el miedo y el terror se apoderan de Baiona mientras un asesino en serie amenaza a los habitantes del Val Miñor.

O Comité clínico establece o nivel alto de restricións no concello de Baiona

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida onte pola tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.

Alerta de estafa no concello de Baiona

O Concello de Baiona alerta dunha estafa na que un individuo de mediana idade que se presenta como edil do goberno local pide diñeiro para as familias necesitadas en nome do Concello de Baiona.

A Deputación aproba novos investimentos para Baiona, Covelo e Salceda de Caselas

O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados hoxe en Xunta de Goberno por importe de máis de 580.000 euros.

A Regata Cenor revela o equipo que representará a Galicia no campionato nacional de Optimist

A Regata Cenor organizada esta fin de semana polo Monte Real Club de Yates revelou a composición do equipo que representará a Galicia no Campionato de España de Optimist 2021. Os 20 deportistas galegos que acudirán ao nacional son os mellor clasificados da clasificación autonómica que se pechou este domingo tras a celebración da última clasificatoria en Baiona.

Baiona iniciará a rehabilitación do paseo marítimo da Foz na primavera

O Concello de Baiona vén de dar conta da aprobación do proxecto de rehabilitación do paseo marítimo da Foz e que se produce logo das xestiós realizada polo rexedor baionés, Carlos Gómez, durante a reunión mantida en xullo do 2020 co ministro José Luis Ábalos. Daquela Ábalos comprometíase a sacar adiante este proxecto, feito que o alcalde de Baliona agradece "xa que en menos dun ano cumpriu coa súa palabra e cumpriu o seu compromiso connosco”.