Martes, 13 Maio de 2025

Redondela

A Policía Local de Redondela intervén substancias estupefacientes a un veciño nun control rutinario de horario de peche de establecementos

Na mañanciña de hoxe, axentes da Policía Local de Redondela, que efectuaban un control rutinario de horarios de peche de establecementos de hostalería, procederon a intervención de diversas substancias estupefacientes a un veciño do municipio.

O Goberno local reforza as medidas de seguridade do alumnado de Redondela nas entradas e saídas dos centros escolares

Co inicio do curso no ensino secundario, o Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha serie de medidas tendentes a garantir a seguridade dos alumnos e alumnas á entrada e saída dos centros escolares. A maiores, establecéronse disposicións complementarias para os centros de ensino infantil e primaria de cara a evitar aglomeracións de alumnado tanto no acceso como saída dos colexios.

O BNG de Redondela propón, nunha moción, un incremento das partidas de comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Pleno do mes de setembro, que terá lugar na tarde de hoxe, unha moción na que se realiza un diagnóstico da situación de inicio de curso escolar. Numerosos problemas que afectan a todos os níveis do ensino pre, e obrigatorio, tanto a alumnado, profesorado, direccións dos centros, ademáis das familias e aos propios concellos.

A Deputación inicia, a vindeira semana, as obras de mellora na estrada provincial entre Redondela e Ventosela

A Deputación de Pontevedra acometerá a partir de próxima semana as obras de mellora da estrada provincial EP-2900 entre Redondela e a localidade de Ventosela. Os servizos técnicos provinciais xa teñen pechadas as actuacións a realizar nesta vía, cun trazado total de 2,6 Km, no marco da planificación de mantemento ordinario da Rede Provincial de Estradas e incorporando tamén a petición expresa do Concello de Redondela para incluír un novo paso elevado para peóns, amais do que xa estaba previsto no proxecto.

Comezan as obras de acondicionamento e mellora do camiño Veiga dos Eidos, en Cesantes

O Concello de Redondela iniciará, nestes días, os traballos de acondicionamento e mellora do Camiño de Veiga dos Eidos, na parroquia de Cesantes, unha actuación longamente demandada pola veciñanza e que tería que terse comezado en setembro do pasado ano 2019.

A ANPA ‘Paulina Sánchez Otero’ do IES Illa de San Simón de Redondela aconsella ás familias “non levar aos nenos ou nenas ao instituto”

Ante o que cualifican un comezo de curso "inseguro e improvisado" a ANPa 'Paulina Sánchez Otero' do IES San Simón de Redondela mírase na obriga "de chamar a atención ás familias sobre o perigo que corren e que poden propagar se a Consellería de Educación empeñase en abrir o instituto sen garantir as normas de prevención contar o Covid que ela mesma considera imprescindibles". "Para evitar esta propagación do coronavirus no noso pobo chamamos a responsabilidade das familias non deixando aos seus fillos ou fillas acudir ao instituto se continuan as actuais condicións" sinala a ANPA.

Redondela acolle un curso da AFG sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este segundo semestre do ano un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Esta semana ten previsto un curso en Redondela no que se abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. Será o sábado 26 en horario de mañá no centro cultural Chan das Pipas, en Saxamonde.

Medio Ambiente conserva e sinaliza un niño de ‘Avispón Europeo’ autóctono unha das poucas especies depredadoras da Vespa Velutina

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionado por Roberto Villar, ven de sinalizar no paseo do Río Maceiras un niño de Vespa Crabro para que continúe coa función de depredador natural da vespa asiática ou velutina.

A contorna da antiga fábrica de Regojo será recuperada e transformada nun espazo de lecer para a cidadanía de Redondela

Os xardíns da Urbanización Regojo, unha das zonas máis novas do casco urbano de Redondela, serán remodelados na súa integridade para ofrecer un novo espazo de lecer á veciñanza e, ao mesmo tempo, para que sexan “un permanente recordatorio da importancia que tivo na historia industrial de Redondela e fábrica que aquí estaba instalada”, afirmou a alcaldesa, Digna Rivas, durante a visita realizada ao espazo a recuperar.

O Concello asina a carta de adhesión ao manifesto ‘Bibliotecas en Igualdade’

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, asinou esta mañá a adhesión do Concello ao manifesto 'Bibliotecas en Igualdade', un proxecto posto en marcha pola 'Asociación Clásicas y Modernas', asociación de carácter nacional que ten como obxectivo acadar a igualdade no eido da cultura.

Andainas pola biodiversidade da enseada, novas xornadas na Rede Natura 2000

Debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro. Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.

A Policía Local de Redondela denuncia a 19 persoas por non contemplar as mínimas medidas de seguridade fronte á COVID-19

No espazo de poucas horas, a Policía Local de Redondela procedeu a denunciar a un total de 19 persoas por non adoptar as mínimas medidas de seguridade sanitaria fronte á COVID-19 e non utilizar máscaras de protección. A maior parte das denuncias interpostas tiveron lugar na Avenida Mendiño, nas inmediacións do skatepark, lugar onde “xúntanse case que a diario un cento de mozos e mozas que non manteñen as máis elementais medidas de seguridade establecidas”.