O Concello de Redondela, conmemorou onte o Día Internacional das de Idade, e o fixo a través dun encontro interxeracional virtual no que persoas maiores pertencentes aos centros de día do municipio –Lucía de Arela, Enrique do Galeón, Valentina e Domingo de Os Cortizos e Benigno do Centro Residencial de Cesantes– compartiron e intercambiaron experiencias con catro alumnos e alumnas do IES Illa de San Simón: Elena, Antía, Martín e Adrián.
O Concello de Redondela, a través das Concellerías das Persoas e Servizos Sociais, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de retomar, dende o día 1 de outubro, á actividade de Tai Chi, suspendida temporalmente no pasado mes de marzo como consecuencia do decreto do Estado de Alarma provocado pola pandemia da COVID-19.
O Concello de Redondela procede, nestes días, ao repintado de toda a sinalización horizontal no casco urbano, traballos que abranguen non só os pasos de peóns –coa conseguinte mellora da seguridade viaria– senón tamén as prazas para estacionamento de persoas con mobilidade reducida e mesmo os vaos de carga e descarga.
Este xoves haberá unha actividade moi especial na Biblioteca de Chapela. Será o festexo do 15º aniversario do centro coa actuación do músico Xoán Curiel.
Xoán Curiel ofrecerá un espectáculo participativo onde se mesturan música de diversos estilos (funk, rock, pop, reagge) con elementos teatrais ou "clown", conducido a través da narración dunha historia moi divertida que orixina o nacemento dunha banda musical.
Máis de medio cento de persoas participaron, este pasado domingo, na actividade de Limpeza do río Maceiras organizada polo colectivo Artelixo e coordinada a nivel Galicia desde a Asociación ecoloxista ADEGA. Veciños e veciñas de todas as idades –contando cun bo número de nenos e nenas– limparon o río e aprenderon o dano que o ser humano pode chegar a facer nos ecosistemas que nos rodean.
O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, e a Asociación de Empresarios/as de Redondela presentaron hoxe unha campaña de dinamización lingüística nun acto no que participaron a alcaldesa e responsable do departamento de Normalización Lingüistica, Digna Rivas, e Cruz Bastos e Gustavo Rivas, das seccións de Turismo e Hostalaería da Asociación de Empresarios, respectivamente.
A Concellería de Cultura anuncia a vindeira exposición de pintor redondelán Ángel Barros. Baixo o título de “Arte coma pensamento crítico”, o artista presentará unha pintura de compromiso social a partir da escolla e reinterpretación de obras referentes na historia universal: Goya, Rafael, Delacroix, Zurbarán ou Gericault.
Axentes da Policía Local de Redondela procederon, na pasada fin de semana, a instruír as correspondentes dilixencias contra o condutor dun vehículo que, a maiores de infrinxir numerosas normas de circulación, achegou datos falsos aos axentes cando foi identificado polo que tamén pode haber un presunto delito de usurpación de identidade.
O 112 Galicia era informado dun accidente en Redondela, no cal, cinco persoas precisaron asistencia sanitaria, dous menores e tres adultos. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, os dous menores foron recollidos nun coche particular que os derivou ao centro de saúde da localidade.
O Pleno do Concello de Redondela rexeitou, por maioría, unha moción do grupo municipal do PP que cuestionaba a actuación do concelleiro de Deportes, Ignacio González, na actual situación de crise sanitaria. Aseguraban os populares “sentirse especialmente preocupados” pola seguridade sanitaria dos pavillóns e cualificaban de “grave incumprimento” que non se previse persoal para controlar os accesos aos pavillóns, non se repuxesen os xeles hidroalcohólicos ou mesmo que “os club sexan os que teñan que encargarse da limpeza e desinfección das instalacións”.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, esta pasada semana en xunta de Goberno, unha achega de 120.702,45 euros a Redondela para financiar a aportación que lle corresponde ao Concello, no convenio que asinou coa Deputación, para o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2903 Os Valos-Guizán.
O Centro Cultural de Cabeiro acollerá o vindeiro luns, 28 de setembro, ás 19:30 horas, unha reunión entre a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e veciños e veciñas da parroquia para dar a coñecer os proxectos do Goberno local para a parroquia e escoitar ás demandas e achegas da veciñanza.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.