O BNG de Redondela considera "enormemente positivo para o conxunto da veciñanza" que unha das “demandas históricas" se efectivice nos Orzamentos do ano 2021. Despois de anos de anuncios publicitarios, dende a organización nacionalista consideran que “dáse un paso en firme para eliminar unha peaxe totalmente discriminatoria, para a veciñanza de Redondela, e a nosa bisbarra”.
No día de onte o SEIS (Servizo de Emerxencias, Incendios e Seguridade) de Redondela procedeu á retirada dun niño de vespa velutina de grandes dimensións que se atopaba nunha figueira da finca dunha vivenda da parroquia de Quintela. O niño foi inutilizado a semana pasada polo servizo de emerxencias e foi preciso dispararlle cun fusil de aire comprimido automático 12 veces para eliminar a actividade, cando o habitual veñen sendo de cinco a seis disparos.
O Goberno de Redondela expresou hoxe a súa indignación polas manifestacións realizadas pola Xunta de Galicia sobre as obras da avenida Mendiño nas que a Consellería de Infraestruturas asegura “que está a reclamar ao Concello que certifique que dispón do crédito necesario para cumprir co compromiso de cofinanciar esta actuación por un total de 433.000 €, a cuarta parte do total”.
A Xunta de Galicia vén de licitar a obra de restauración da igrexa de Santo Estevo de Negros, no concello de Redondela, unha intervención que ten como obxectivo resolver os problemas de estanqueidade e ventilación deste templo, que data do século XIX e ten consideración de ben catalogado.
Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional interviñeron esta mañanciña no incendio de tres vehículos estacionados nas inmediacións do apeadeiro da Picota, no casco urbano redondelán. Xunto ás patrullas policiais tamén acudiron unha dotación dos bombeiros de Vigo e os bombeiros do parque do Porriño.
O Goberno de Redondela adiantou hoxe a súa intención de recorrer a vía xudicial para defender os intereses dos veciños e veciñas logo do fallo xudicial que, de executarse, os privaría de poder utilizar a PassVigo e gozar das vantaxes do transporte urbano que proporciona a tarxeta. A alcaldesa Digna Rivas adiantou xa que o Concello recorrerá a sentencia e presentará un Recurso de Casación ante o Tribunal Supremo.
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Redondela vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno da Corporación, no que esixe a urxente mellora das tres estradas autonómicas do municipio, e sobre as que o Concello de Redondela transmitiu en reiteradas ocasións á necesidade de obras de conservación, mantemento e melloras da seguridade viaria. “Á data de hoxe, seguimos esperando unha resposta da Consellería a estas solicitudes”, sinala o grupo socialista.
O Goberno local de Redondela cualificou hoxe de “absolutamente inaceptable” a situación que están a padecer as veciñas e veciños do municipio “sometidos unha máis que deficiente atención sanitaria” nos centros de saúde de Redondela e Chapela. Cunha atención telefónica colapsada e sen posibilidade de ter citas presenciais “a cidadanía síntese totalmente desprotexida nun momento crítico como o que estamos a vivir”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.
A deputada nacionalista, Alexandra Fernández, acompañada do portavoz municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, mantivo un encontro con representantes da Coordinadora en contra da casa de Apostas para dar conta dunha propoposición non de lei para debater no Parlamento, xunto a varias preguntas ao goberno autonómico, presentadas polo grupo nacionalista.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Nacho González, recibiron na tarde de hoxe aos remeiros de categoría infantil do Club de Remo Chapela que veñen de proclamarse brillantes campións de España de bateis nos campionatos celebrados en augas de Moaña. Os infantís do Club de Remo Chapela proclamáranse xa Campións Galegos, título que lles daba acceso directo aos Campionatos de España nos que se proclamaron brillantes gañadores.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas anunciou hoxe unha serie de medidas que o Concello adoptará para “frear, na medida do posible, o avance da COVID-19 e garantir a saúde e seguridade das nosas veciñas e veciños”. Logo da publicación dunha edición extraordinaria do Diario Oficial de Galicia na que se especifican as limitacións na celebración de diversas actividades de cara a poñer freo a escalada de contaxios que se están a dar na comunidade autónoma, o Concello redondelán decidiu suspender unha serie de actividades previstas dado o risco que a súa celebración supón para a saúde colectiva
De cara a evitar aglomeracións o día 1 de novembro, festividade de Todos os Santos, e dada a actual situación de emerxencia sanitaria, o Goberno local de Redondela recomenda á veciñanza adiantar a compra de flores e o arranxo das tumbas nos cemiterios, “como medida para evitar aglomeracións de última hora e cumprir coas ordes das autoridades sanitarias ao respecto”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.