Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

‘Os Festeiros’ de Bembrive, gañadora do Desfile de Comparsas 2022 do Entroido de Redondela

As comparsas de Entroido volveron a encher de música, cor, son e humor as rúas de Redondela este domingo, 27 de febreiro, nun desfile que non se celebraba dende o 2020 e que respondeu con creces ás expectativas tanto da veciñanza como do Concello.

Redondela desenvolverá un amplo programa do 8M “para que a loita pola igualdade non quede cinguida a un só día”

A Concellería de Igualdade, que xestiona Iria Vilaboa, vén de ultimar un amplo programa para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, e poñer o foco de atención sobre a igualdade como eixo imprescindible acadar unha sociedade xusta. Serán 9 días de actividades variadas e dirixidas a todos os sectores da sociedade “como partes imprescindibles na loita pola igualdade” asegurou a alcaldesa Digna Rivas.

O pavillón municipal de Chapela acolle o luns a concentración da liga autonómica xuvenil feminina de fútbol sala

O Arealonga FS Chapela organiza a concentración da liga autonómica xuvenil feminina de fútbol sala, subgrupo C, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol e o Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes.

A oposición bloquea no Pleno a iniciativa do Goberno para facer un aparcadoiro disuasorio na contorna da Praza de Ponteareas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou hoxe “non dar crédito” á negativa do Pleno da Corporación para que o Concello redondelán solicitase unha subvención de carácter plurianual –de aí a necesidade da aprobación plenaria– para a demolición da nave situada nas inmediacións do convento de Vilavella para dotar á zona dun aparcadoiro disuasorio.

O alumnado do CEIP Alexándre Bóveda de Angorén comparte coa alcaldesa as actividades que realiza con motivo do Día de Rosalía

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou na mañá de onte a instalacións do CEIP Alexándre Bóveda en Angorén, Chapela, onde se están a desenvolver diversas actividades promovidas polo Concello, a través do Servizo de Normalización Lingüística, para conmemorar o Día de Rosalía.

Redondela ultima o programa das ‘II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa das que serán as 'II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa, aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Redondela celebrará o Día de Rosalía cun acto institucional o día 23 de febreiro na Alameda

Redondela desenvolve, durante esta semana, diversas actividades encamiñadas a celebrar a data de nacemento de Rosalía de Castro, figura clave das letras galegas, e que terán o seu cumio no acto institucional a celebrar o día 23 de febreiro, mércores, na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

Digna Rivas, “seguirei loitando para que Aucosa saia da enseada pero non podo eludir a miña responsabilidade como alcaldesa nen asumir o risco dunha...

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica polo miúdo o panorama que se da trala sentenza que revoga "por inexactitudes" a licenza de ampliación e modernización das instalacións de Aucosa. Rivas subliña que, pese a súa opinión como veciña que leva loitando dende sempre pola saída da empresa da enseada de San Simón, como alcaldesa debe recorrrer unha sentenza que, de non facelo, podería supoñer o risco da quebra do Concello.

Recuperación de ‘A Pantalla’ en Cesantes, un paso máis na protección do patrimonio cultural de Redondela

'A Pantalla' de Cesantes, un elemento estreitamente vinculado á parroquia de Cesantes, vén de ser obxecto de traballos de restauración e recuperación por parte da Concellería de Patrimonio que xestiona María Castro seguindo a liña de posta en valor dos elementos do patrimonio cultural, artístico e etnolóxico do municipio.

Redondela traslada o busto de Valle-Inclán á biblioteca municipal que leva o nome do ilustre dramaturgo

O busto de Ramon María del Valle-Inclán preside, dende hai uns días, a entrada da Biblioteca Municipal de Redondela que leva o nome do ilustre dramaturgo, poeta e novelista de Vilanova de Arousa.

A Concellería de Vías e Obras remata as obras de mellora do Camiño das Petadas en Cesantes

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela que dirixe Vicente Lamas, vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento, mellora no drenaxe e pavimentación no Camiño das Petadas, na parroquia de Cesantes, obra incluída no plan integral de mellora da rede viaria municipal que, dende a súa chegada ao Concello, desenvolve o Goberno que preside Digna Rivas.

Redondela da a coñecer o seu patrimonio cultural e artístico a través de roteiros guiados

O vindeiro domingo, 20 de febreiro, e co percorrido pola traza do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Redondela sur, o Concello redondelán, a través da Concellería de Patrimonio que dirixe María Castro, en colaboración con A Citania, inicia unha serie de saídas guiadas a fin de coñecer e poñer en valor o abundante patrimonio cultural, histórico e paisaxístico que posúe o municipio.