10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela ultima o programa das 'II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma...

    Redondela ultima o programa das ‘II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

    As xornadas, postas en marcha o pasado ano polo departamento que xestionaba a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor o papel da muller na sociedade

    A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa das que serán as ‘II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa, aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

    Nesta segunda edición, as xornadas alongan o seu programa distribuíndoo en dous días, o venres 11 de marzo e o sábado 12 de marzo, datas nas que se porán sobre a mesa de debate dous interesantes temascomo o a autoxestión e o liderazgo feminino e o papel dos medios de comunicación fronte á lacra social que é a violencia machista.

    As xornadas abriranse o venres 11 de marzo na Casa da Cultura onde, de 19 h a 21 horas, desenvolverase obradoiro 10 claves para emprender. Liderazgo feminino e autoxestión que correrá a cargo de Patricia Rodríguez, coach, mentora, especialista en actividades de team-building e Heidi Vander Biest, coach ontolóxico, mentora e especialista en PNL e intelixencia emocional.

    As persoas interesadas poden inscribirse para este obradoiro, de xeito totalmente gratuíto, no enderezo de correo electrónico felizmente.coach@gmail.com.

    Ao día seguinte, sábado 12 de marzo, o Multiúsos da Xunqueira acollerá, entre as 10 h e as 14.30 horas outro obradoiro baixo o título Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista que será impartido por Joshua Alonso Mateo, Promotor de Igualdade de Oportunidadese orfo da violencia machista e Patricia Costa, xornalista, presentadora do programa Tolerancia Cero en Radio 5 e gañadora da primeira edición do ‘Premio Sesé Mateo de Ética Xornalistica’. A inscrición pode realizarse no enderezo de correo electrónico proyectoinformadxs@gmail.com.

    Para unha maior facilidade á hora de inscribirse, no díptico das xornadas ámbolos dous obradoiros contan don senllos códigos QR que, a través dos dispositivos móbiles, abren directamente o formulario de inscrición.

    A alcaldesa Digna Rivas quen chamou a atención “sobre o éxito de participación” da primeira edición destas xornadas, salientou a importancia de darlle continuidade a unha iniciativa que sirve para poñer o foco de atención “sobre o papel da muller na sociedade” e a importancia que ten a igualdade “para acadar unha sociedade máis xusta”.

    Gemma Pereira Otero, de quen toman o nome as xornadas “marca o punto de partida no que as mulleres, con grande esforzo e sacrificio, comezaron a facerse oco en profesións e actividades ata entón restrinxidas aos homes como, no caso dela, a farmacia”. As xornadas, engade Digna Rivas, “non só buscan perpetuar o nome desta muller senón que serven para poñer de manifesto que, sen igualdade entre homes é mulleres, é imposible falar de igualdade e xustiza social”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.