Mércores, 2 Xullo de 2025

Redondela

O Grupo Socialista pide á Xunta que financie “na súa totalidade” a nova escola infantil de Chapela

A deputada viguesa Leticia Gallego pediu hoxe ao goberno galego que financie “na súa totalidade” a nova escola infantil de Chapela. Fíxoo, no Pleno do Parlamento, a través dunha pregunta oral ao goberno galego para urxir a realizar esta actuación con cargo aos case 35 millóns de euros que vai recibir do goberno central para a creación de 3417 prazas para alumnado de cero a tres anos.

#TIKTOKCONSENTIDIÑO, creatividade e reforzamento das habilidades sociais da mocidade a través de actividades de lecer

Ofrecer un espazo onde as mozas e mozos con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos poidan descubrir o seu talento creativo e, ao mesmo tempo, mellorar a súa autoestima, capacidade de expresar emocións e relacionarse co seu entorno, é o obxectivo que busca o obradoiro #TIKTOKCONSENTIDIÑO, que se desenvolverá o vindeiro venres, 18 de marzo, na Casa da Cultura entre as 16:30 h e as 19 horas.

Comercio e hostalaría de Redondela poñen en valor a oferta dos seus establecementos a través da promoción online

Co obxectivo de por en valor a oferta local, a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña de promoción de vendas. Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso, a través dun código QR, a un novo catálogo de produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.

Esta fin de semana Baiona, A Guarda, Mos, O Porriño e Redondela acollerán o Zampakilos Solidario do grupo Vegalsa-Eroski

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará voluntarios para poder levar a cabo o ‘Zampakilos Solidario’ nas comarcas de Baiona, A Guarda, Redondela, Mos e O Porriño, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski.

Redondela acolle dende mañá xoves a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia

Os vindeiros días 10, 11 e 12 de marzo, Redondela acollerá a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia, evento organizado pola Concellería de Cultura, que xestiona Iria Vilaboa e a Xingros Big Band e que conta coa colaboración da Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música 'Víctor Ureña'.

Redondela súmase aos cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo de Ucraína

O Concello de Redondela sumouse, ás 12 horas de hoxe, aos cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo de Ucraína, respondendo así ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a concellos, deputacións, sindicatos e outras organizacións de todo o país.

O Concello de Redondela reafirma a súa aposta polo ensino público “como un seguro para a formación” dos nenos

Nestas semanas previas á matriculación escolar e nas que os centros desenvolven xornadas de portas abertas, a Concellería de Ensino do Concello de Redondela, que xestiona Olga García Ballesteros, organizou dúas charlas informativas co obxectivo de que as familias, á hora de elixir un centro para os seus fillos, puideran coñecer a ampla oferta formativa pública coa que conta o municipio redondelán.

Máis de 400 nenos participarán nos contacontos ilustrados dedicados a Ernestina Otero en Redondela

O Concello de Redondela, do Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de poñer en marcha unha serie de contacontos ilustrados de cara a poñer en valor a figura de Ernestina Otero.

A inauguración de ‘Conquistadoras’ na Alameda Castelao abre a programación do 8M de Redondela

As caras e nomes das mulleres galegas que, co seu esforzo e traballo, abriron camiños antes pechados á muller e que loitaron por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, adobían dende onte a Alameda Castelao agrupadas nunha nova edición da exposición 'Conquistadoras' que, cada ano incrementa o número de mulleres dignas de público recoñecemento.

Concello de Redondela e ‘Da man’ recollen material de emerxencia para as persoas refuxiadas de Ucraína

O Concello de Redondela e a Organización Galega para o Desenvolvemento 'Da Man' veñen de poñer en marcha unha iniciativa que contribúa a paliar a dramática situación das persoas refuxiadeas vítimas da guerra de Ucraína.

Redondela apoia á expansión da auga e da luz no municipio mozambicano de Nhamatanda

O Concello de Redondela, xunto coas deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, participa activamente nun proxecto de cooperación internacional co obxectivo de reconstruír e espallar os servizos públicos do municipio de Nhamatanda.

O Concello de Redondela cualifica de “ataque contra o patrimonio de toda a veciñanza” o actos vandálicos no parque infantil de Chapela

“O vandalismo do que foi obxecto o parque infantil de Chapela va máis aló dunha simple gamberrada e é un ataque ao patrimonio de toda a veciñanza”, asegurou Digna Rivas ao ser informada dos danos que sufriu a antedita área infantil e que afectaron á case que todos os aparellos con que conta a instalación.