Xoves, 3 Xullo de 2025

Redondela

‘Ostras. O peche do mar’, novo documental do Obradoiro Fernando Monroy

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 4 de xuño na illa de San Simón o documental 'Ostras. O peche do mar', un traballo impulsado pola directiva da entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira 'Cuchi'.

A Asociación de Empresarios de Redondela lanza a campaña “Comercio na rúa”

"Comercio na rúa" é unha nova campaña impulsada pola Asociación de Empresarios de Redondela (AER), que relanza os sábados de compra nos pequenos negocios locais.

A Federación de ANPAS denuncia o perigo da saúde do alumnado de Redondela

É ben coñecido pola Consellería de Educación o estado de descomposición e erosión que presenta o amianto visible dentro das instalacións do IES Pedro Floriani e o CEIP de Cedeira.

Redondela abre a inscrición dos campamentos do Programa Municipal de Conciliación

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Igualdade que xestiona Iria Vilaboa, vén de anunciar a apertura do prazo para que as familias interesadas poidan inscribir aos seus fillos, con idades entre 3 e 12 anos, nos campamentos de verán que se desenvolven ao abeiro do Programa Municipal de Conciliación.

Redondela organiza un novo roteiro o domingo 29 de maio pola Rande

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, organiza para este vindeiro domingo, 29 de maio, o último dos roteiros que, dende o mes de marzo, desenvolve os últimos domingos de cada mes para dar a coñecer, á veciñanza e visitantes, a riqueza patrimonial do municipio.

Digna Rivas transmite ao presidente da APV a “rotunda oposición” do Concello ao depósito de contedores de Rande

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron na mañá de hoxe, a petición da rexedora redondelá, unha reunión nas oficinas do Porto de Vigo logo que por parte da APV se retomase a iniciativa de converter o antigo cargadeiro de granito, nun almacén de contedores en desuso.

A Vía Verde de Chapela que se inaugura este sábado contará con banda sonora propia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiros da Corporación Municipal, inaugurará este vindeiro sábado 21 de maio, ás 20 horas, a Vía Verde de Chapela.

A película documental “A poeta analfabeta” chega a Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará os vindeiros días 21, 27 e 28 a súa terceira sesión coa proxección nos concellos de Forcarei, Poio, Redondela, Ponteareas e Cambados do documental “A poeta analfabeta”.

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

A Alameda Castelao, escenario do II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela

A Alameda Castelao de Redondela acollerá, o vindeiro 20 de maio entre as 9:30 h e as 13:30 horas, o II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela para as categorías de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.

A Asociación de Empresarios de Redondela difunde entre as empresas o programa Kit Dixital

A sinatura de convenios de colaboración con axentes dixitalizadores será un dos eixos deste programa. SOYCOM, empresa con orixe en Chapela, ven de asinar o primerio destes convenios e lanzar a súa proposta de dixitalización ás empresas asociadas.

A Concellería de Medio Ambiente propón tres actividades para conmemorar o Día Mundial da Reciclaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que dirixe Alberto Álvarez vén de dar a coñecer tres propostas para toda a familia, que se desenvolverán entre maio e xuño, e coas que se quere conmemorar o Día Mundial da Reciclaxe.