Sábado, 5 Xullo de 2025

Redondela

A investigación e a importancia dos coidados protagonizan a conferencia do Día do Alzhéimer de Redondela

A Concellaría de Persoas Maiores, dirixida por Iria Vilaboa, e o Grupo SENES organizaron, con motivo do día do Alzhéimer, un acto xunto a persoas expertas da area sanitaria e social que abordaron temas como os itinerarios da demencia, a investigación, a terapia neurolóxica e o envellecemento activo.

O Goberno local pon en marcha una nova edición do programa «Maiores en Ruta»

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Persoas Maiores dirixida por Iria Vilaboa, leva medio ano traballando na iniciativa “Maiores en Ruta” coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Cortado ao tráfico provisionalmente un dos carrís da Avenida Santa Mariña

A empresa que realiza os traballos de humanización da Avenida Santa Mariña deu conta na mañá de onte da aparición dunha incidencia nas obras, totalmente allea ao Concello, que fixeron preciso o corte dun dos carrís de circulación na antedita vía.

O Concello de Redondela dá solución a avarías eléctricas arrastradas desde hai máis de cinco anos

O Goberno socialista que preside a alcaldesa Digna Rivas, vén solucionar múltiples problemas que, dende hai máis de cinco anos, afectaban a rede de alumeado público.

O Multiúsos da Xunqueira, escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e Patrimonio baixo a ría

A Casa do Concello de Redondela foi escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a ría, iniciativa conxunta do Concello redondelán e do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que busca poñer o foco de atención sobre a necesidade de documentar e protexer o patrimonio subacuático para evitar o seu saqueo e desaparición.

As rúas de Redondela acollen mañá sábado a I Contrarreloxo por Equipos de ciclismo ‘X Aniversario C.A.R.’

Máis de 32 equipos teñen confirmada xa a súa participación na I Contrarreloxo por equipos de ciclismo ‘X Aniversario C.A.R.’ organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Redondela, que xestiona Nacho González e que se disputará nun percorrido urbano de 5 quilómetros con final na Portela.

Redondela recibe o diploma con distinción de ouro do programa «Praias sen fume»

O Monte Real Club de Iates de Baiona foi o escenario escollido pola Consellería de Sanidade para facer entrega dos diplomas acreditativos do programa sanitario «Praias sen fume» que fomenta os areais libres de tabaco.

Publicadas as bases do II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento e comunicación da violencia machista

O Concello de Redondela presentou o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento e comunicación da violencia machista, un certame que busca recoñecer o traballo que realizan os profesionais do xornalismo.

O Arealonga FS de Chapela abre as inscricións para a tempada 2022-2023 en todas as súas categorías

O Arealonga Fútbol Sala de Chapela, Redondela, vén de anunciar a apertura da inscrición para todas as súas categorías durante este mes de setembro, trámite que se pode realizar nos Pavillón de Deportes de Chapela ou no Pavillón de Cabeiro os martes e venres de 17 h a 19 horas.

O Cemiterio dos Eidos, entre os candidatos do concurso nacional Cemiterios de España

O cemiterio de Eidos figura entre un dos sete camposantos candidatos do concurso Cemiterios de España convocado pola revista Adios Cultural, un certame que, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor “a importancia histórica, cultural, social, artística e patrimonial que teñen os cemiterios, elementos que concorren todos eles no cemiterio dos Eidos”.

Convocada a décimo oitava edición do Concurso Fotográfico do Obradoiros de Estudos Locais Fernando Monroy

A Casa do Concello de Redondela acolleu na mañá de hoxe o acto de presentación do XVII Concurso Fotográfico que organiza o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. No acto, a alcaldesa Digna Rivas estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa e por membros do Obradoiro.

A Concellería de Servizos Sociais abre a inscrición para as actividades de inverno dirixidas ás persoas maiores do municipio

A Concellería de Servizos Sociais e Persoas Maiores que xestiona a concelleira Iria Vilaboa, vén de anunciar a posta en marcha de dous programas, de carácter totalmente gratuíto, que buscan proporcionar ás persoas maiores das ferramentas precisas para coidar a súa saúde física e mental.