O Concello de Redondela rehabilitará as antigas dependencias do conservatorio de música, na rúa Isidoro Queimaliños, dentro dun plan global de rehabilitación e recuperación do patrimonio histórico do municipio.
O Goberno local continuará, hoxe venres 7 de outubro, o programa de reunións cos colectivos veciñais e a veciñanza en xeral das parroquias, nun encontro que terá lugar a partir das 20 horas, no Centro Cultural de Trasmañó.
A terceira e última xornada da liga Galega de Fútbol Sala para persoas con discapacidade intelectual tivo lugar onte 5 de outubro nas instalacións do pavillón municipal e no pavillón ‘A Marisma’ de Redondela.
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 9 de outubre no multiusos da Xunqueira de Redondela o documental Ostras. O Peche do mar, un traballo impulsado pola directiva da entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira 'Cuchi'. A peza audiovisual é unha análise do conflito vivido na parroquia entre finais de 1955 e inicio de 1956.
O Concello de Redondela, a través das concellerías de Servizos Sociais e Medio Ambiente, que xestionan a alcaldesa Digna Rivas e Alberto Álvarez, respectivamente, puxo en contacto a ámbalas dúas asociacións coa empresa galega 'Redivivus' especializada neste tipo de accións.
A programación para o outono/inverno deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa, ofrece unha programación cultural extensa na que se que inclúe un dos eventos históricos máis importantes de Redondela: A Batalla de Rande.
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, salientou en Redondela a calidade e a profesionalidade do comercio desta localidade pontevedresa, destacando así mesmo o traballo que realiza a Asociación de Empresarios de Redondela no seu impulso.
Axentes da policía local de Redondela procederon esta mañanciña a detención dun mozo de 19 anos, veciño de Vigo, pola suposta comisión dos delitos de conducir carecendo de permiso, furto dun ciclomotor e falsidade documental.
O certame, convocado pola revista Adiós Cultural, busca poñer en valor o interese histórico, cultural, social, artístico e patrimonial dos camposantos. O antigo cemiterio de Redondela con 654 votos sitúase en primeiro lugar, seguido do cemiterio de Villaluenga del Rosario, na provincia de Cádiz, con 604 votos.
As obras de humanización da “peza urbana” de Redondela formada pola rúa Picota e as prazas da Fonte do Mouro e da capela de Santa Mariña arrancaron co obxectivo de transformala nun espazo máis sostible e máis “amable” para as persoas que camiñan.
O Concello de Redondela amplía o prazo de presentación de proxectos para o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Acéptanse traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) ata o 17 de outubro de 2022, inclusive.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, organiza para este vindeiro domingo, 25 de setembro, o último dos roteiros que, dende o mes de marzo, desenvolve os últimos domingos de cada mes para dar a coñecer, á veciñanza e visitantes, a riqueza patrimonial do municipio.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.