Venres, 18 Xullo de 2025

Redondela

Redondela comeza cos desbroces nos camiños e cunetas

O Concello de Redondela contratou a 8 operarios, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para integrar as brigadas de roza que comezaron xa os traballos en diferentes puntos do municipio en abril.

Redondela comeza coa renovación das pistas de pádel

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, anuncia o inicio das obras de renovación das 4 pistas de pádel localizadas nas instalacións deportivas da Estrada Campo de Fútbol a partir do 22 de maio e ata o 28 do mesmo mes.

Abel Caballero e Digna Rivas subliñan que “a cooperación beneficia a ambos concellos e que as divisións políticas prexudican”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, recibiu onte a visita do seu homólogo de Vigo, Abel Caballero, para realizar un paseo pola vila dos viadutos e subliñar que a colaboración entre os dous municipios será beneficiosa para ambos. Abel Caballero xuntouse tamén cun grupo de militantes e concelleiros/as do PSdeG para felicitar á alcaldesa socialista pola gran campaña e a xestión que leva realizando en Redondela nestes últimos catro anos de mandato, que “ de seguro a levará á reelección”.

A celebración do Festival Internacional de Títeres obriga ao traslado da Feira de Redondela á fin de semana do 28 de maio

O Concello de Redondela vén de dar conta que A Feira, que se tería que celebrar o día 21, trasládase ao 28 de maio dada a súa coincidencia coa celebración do XXIV Festival Internacional de Títeres. Ese día, explica o Concello, "haberá numerosos espectáculos e actuacións por toda a vila que impedirán a correcta instalación dos comerciantes". O día 28 de maio o horario será o habitual, non haberá máis cambios que esta nova data temporal.

Redondela homenaxea a Francisco Fernández del Riego

O Concello de Redondela a través da Concellería de Normalización Lingüística, dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, súmase a gran festa das Letras Galegas homenaxeando a Francisco Fernández del Riego, o protagonista deste 2023.

A mostra sobre o herbario de Rosalía visitará Ponteareas, O Rosal, Redondela e Tomiño

O Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, dentro da súa programación anual sobre Rosalía de Castro, levará a mostra ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía, con imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora, a seis comarcas da provincia ata final de ano.

Redondela celebra por todo o alto a Festa do Choco

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaba a carpa de degustación para inaugurar este espazo gastronómico da XXVI Festa do Choco. A partir das 19:30 h, en horario continuo ata o peche, os amantes do choco e os padais máis exquisitos poderán achegarse aos stands para degustar os diferentes pratos que ofrecen os participantes desta edición.

Redondela e Soutomaior únense para poñer en valor A Peneda

Silvia Cernadas, candidata á alcaldía de Soutomaior, e Digna Rivas, candidata á alcaldía de Redondela, únense para poñer en valor ó Monte da Peneda.

A aprobación inicial do PXOM de Redondela será unha realidade en 2023

Cando Digna Rivas accedía a Alcaldía, era consciente de que a tramitación do Plan Xeral debía ser a súa prioridade e no ano 2019 chegáronse a convocar 2 comisións de seguimento coa empresa redactora e resto de grupos políticos para retomar os traballos e conseguir que o documento fose unha realidade.

Redondela reduce a taxa de conexión a saneamento nun 70 % para facilitar o alta das vivendas unifamiliares

O goberno de Redondela, co obxectivo de acadar unha cobertura integral na prestación dos servizos de abastecemento e saneamento e rebaixar a taxa vixente, leva ao pleno (do mércores 10 de maio ás 19:00 h) unha ordenanza de modificación da vixente taxa de conexión das vivendas unifamiliares ás redes municipais de abastecemento e saneamento de xeito que en ambos os dous supostos sexa de 360 euros.

Redondela convértese en ciberexperta

A Policía Nacional, a través da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría Vigo-Redondela, fixo entrega á mocidade de Redondela dos diplomas e carné de ciberexperto.

O Museo de Redondela analizará o xacemento de Monte Buxel

O Museo de Pontevedra impulsa unha nova ferramenta para o debate e o intercambio de coñecementos sobre arqueoloxía. Os días 18 e 19 de maio celebrarase no Edificio Castelao o Encontro de Arqueoloxía, unha cita que pretende reunir cada ano as últimas investigacións neste campo chegadas dos ámbitos profesional e académico. A primeira edición centrarase nas ‘Arquitecturas efémeras da prehistoria recente no Noroeste ibérico’.