Tralo parón provocado pola crise sanitaria da COVID-19 e a declaración do estado de alarma, as/os alumnas/os traballadoras/es do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil do Concello de Redondela, volveron a retomar as súas actividades e traballan xa a pleno rendemento.
O Concello de Redondela comezará, esta vindeira semana, os traballos de rozado e limpeza en todo o municipio. Así quedou decidido trala reunión mantida polo concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, cos responsables da empresa realizada de desenvolver ditas actuacións.
A Xunta de Galicia aprobou un Protocolo que establece unhas medidas preventivas en materia de saúde pública fronte á Covid-19. Para poder afrontar estas normas, cambiarase a ubicación de dous colexios electorais en Redondela para así, poder ter un desenvolvemento seguro da xornada electoral.
Ante un atraso sen precedentes provocado pola pandemia da COVID-19 remata a primeira fase de selección con 13 persoas seleccionadas para o servizo de praias. O persoal irase incorporando gradualmente o servizo durante os vindeiros días, e para a próxima semana se reforzará nunha segunda fase coa selección de 6 persoas máis procedentes do proceso selectivo de Servizos Sociais.
O Goberno de Redondela peonalizará a rúa Alfonso XII, vía principal da vila, os sábados e domingos entre as 20 h e 24 horas, nunha medida que busca o dobre obxectivo de proporcionar maior espazo á cidadanía á hora de pasear e, ao mesmo tempo, que poidan manter a distancia interpersoal que recomendan as autoridades sanitarias.
O Concello de Redondela anunciou a súa intención de poñer en marcha “todas aquelas medidas que, dentro das competencias municipais”, contribúan ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19.
A concelleira de Urbanismo e Facenda, María Castro Abad, salientou que por parte do Concello “adoptaránse as medidas de control e vixilancia precisas para evitar aglomeracións en terrazas, bares, cafeterías, furanchos de demáis establecementos de hostalería”.
Os alumnos de alumnas de Redondela e do veciño concello de Soutomaior, poderán facer este ano as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) en Redondela de cara a evitar desprazamentos e garantir a seguridade sanitaria do estudantado durante a celebración das probas.
O Pleno da Corporación de Redondela, amosouse maoritariamente en contra do Macrocomplexo deportivo e comercial, que o Celta de Vigo pretende construír no veciño concello de Mos. Nunha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, formulou rexeitar o proxecto por agochar unha grande Área Comercial poñendo en risco o futuro do Comercio Local.
O Concello de Redondela conta xa cun servizo de orientación e información para axudar á veciñanza a realizar os trámites de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida especificamente a previr o risco de pobreza e exclusión social.
A Concellería de Seguridade do Concello de Redondela, que xestiona Leonardo Cabaleiro e a Xefatura da Policía Local veñen de amosar a súa aposta por unha prestación de servizo de maior calidade e para iso dotaron aos seus axentes dunhas novas ferramentas de traballo que lles permitirán realizar e tramitar as demandas veciñais e servizos policiais dende calquera punto do municipio redondelán.
Cesantes xa se prepara para converterse por terceiro ano consecutivo na capital do Kitesurf en Galicia coa celebración do KiteFest. A cita, organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, celebrarase os días 11 e 12 de xullo e reunirá de novo a unha potente frota de máis de 70 participantes ofrecendo todo un espectáculo na enseada de San Simón durante as dúas xornadas de evento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.