15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaCambio de Colexios Electorais en Redondela para as elección ao Parlamento de...

    Cambio de Colexios Electorais en Redondela para as elección ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020

    Redondela cambiará a localización de dous colexios electorais para poder cumprir coas medidas preventivas da Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia aprobou un Protocolo que establece unhas medidas preventivas en materia de saúde pública fronte á Covid-19. Para poder afrontar estas normas, cambiarase a ubicación de dous colexios electorais en Redondela para así, poder ter un desenvolvemento seguro da xornada electoral.

    A información respecto ao cambio recóllese no DOG Núm. 104 do 30.05.2020, que pódese consultar nesta ligazón. Estes son os colexios electorais que cambiaron:

    Antigo Colexio

    • LOCAL MUNICIPAL
    • RUA MANUEL RODRIGUEZ CASAL NUM: 1, CHAPELA, 36320

    NOVO COLEXIO:

    • CEIP DE LAREDO
    • RÚA DO PEIRAO, NÚM. 3, LAREDO, CHAPELA, 36320
    • (XUNTO AO PASEO DE CARDONA)

    Antigo Colexio:

    • NOVOS LOCAIS ANEXOS Á RECTORÍA
    • CMÑO ADRO DE S. PEDRO (DO) NUM: 20, CESANTES 36693

    NOVO COLEXIO:

    • ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL (EEI) SAN PEDRO DE CESANTES
    • CMÑO DA VELLA NUM. 2, SAN PEDRO, CESANTES 36693
    • (XUNTO Á ESTRADA PRAIA DE CESANTES)

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.