Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Celta Integra, Aspanaex e Saladino Cortizo impóñense na XXVII Liga Galega de Baloncesto Avanzada

O Porriño acolleu a xornada final da XXVII Liga Galega de Baloncesto Adaptado. 160 deportistas déronse cita no pavillón municipal para disputar a terceira xornada e final da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

A Guarda promocionase ante axencias de viaxes especializadas no FAIRWAY, Forum do Camiño

O Concello da Guarda participou por cuarta vez nas xornadas profesionais do Fairway, o V Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o xoves e venres pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Covelo restaura a memoria lingüística da man do recordo do gaiteiro Mingos de Barcia de Mera

O Concello de Covelo súmase á iniciativa de Restauración da Memoria Lingüística de Galicia en Galego da man do seu prezado veciño, Domingo Lorenzo Vello. Coñecido como “Mingos” foi gaiteiro e fundador do afamado orfeón “Treixadura” espallando a lingua galega a través das súas cancións.

O Porriño énchese da “Cultura Urbana on Tour”

Os obradoiros “Cultura Urbana on Tour” farán escala no Porriño o vindeiro 19 de novembro. Trátase dunhas xornadas itinerantes organizadas pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) que empregan a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social.

Nigrán reúne a 130 psicólogos de toda España para falar sobre ‘a morte’

O Concello de Nigrán acolle do 9 ao 11 de novembro, no Auditorio Municipal, a 130 psicólogos de toda España para abordar o tema de 'A Morte' e todas as súas implicacións emocionais.

Tui e a Deputación executarán a primeira fase da humanización do Paseo da Corredoira

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

Redondela agradece a colaboración e responsabilidade da veciñanza durante os temporais

Unha vez rematadas as sucesivas borrascas que afectaron a Redondela, desde a concellería de Medio Ambiente que dirixe Pilar Martínez, faise un balance positivo da xestión feita tanto nos traballos de previsión como na resolución dos efectos que as borrascas tiveron neste municipio.

Ouro en xestión hoteleira para a mosense Laura Pereira

Mos presume da súa campioa, medalla de ouro no Galiciaskills 2023 de Xestión de Aloxamentos Turísticos, Laura Pereira Ramilo, que se erixiu vencedora da súa categoría no 7º Campionato Galego de Formación Profesional, e representará á Comunidade Autónoma galega nestas olimpiadas a nivel nacional, que se prevé se celebren de cara a finais do vindeiro mes de abril de 2024.

Aberto o prazo de inscrición do programa de conciliación de Nadal en Baiona

Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares, moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Baionaabre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2023.

Avanzan os traballos de mellora do firme en varios viais de Cans

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros Ramón Porto e Marcos Martínez, supervisaron hoxe os traballos de renovación do asfaltado que se están a desenvolver en varios viais da parroquia de Cans concretamente no Buraco e na Buraca.

A praza do Concello de Salvaterra contará cun mercadillo de Nadal

Dentro do plan de promoción e dinamización da vila, o Concello de Salvaterra de Miño lanza un Mercadillo Navideño para os días 15 e 16 de decembro na Praza do Concello.

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean a Francisco Sánchez

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean ao tudense Francisco Sánchez con motivo do cuarto centenario do seu pasamento. Será o próximo martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez coa “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte”.