8.7 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoA praza do Concello de Salvaterra contará cun mercadillo de Nadal

    A praza do Concello de Salvaterra contará cun mercadillo de Nadal

    Dentro do plan de promoción e dinamización da vila, o Concello de Salvaterra de Miño lanza un Mercadillo Navideño para os días 15 e 16 de decembro na Praza do Concello.

    O evento que comezará o venres 15 coincidindo coa inauguración da decoración da praza polos alumnos e alumnas dos centros educativos e do ciclo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño busca ofrecer un espazo visible a asociacións, comerciantes e artesáns para expor os seus productos.

    O venres o mercadillo terá un horario de 16:30 a 20:30 horas e o sábado 16 de decembro en horario de mañá e tarde de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. As prazas para os postos son limitadas polo que aqueles interesados en participar deberán enviar os seus datos á seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.