O BNG de Redondela saíu hoxe ao paso da petición do PP local dunha reunión do Consello de Administración da Radio Municipal para tratar a situación do persoal do mesma e cualificou a postura dos populares como "un novo caso de ridículo político".
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada en Nigrán o martes día 16 de febreiro.
Este autobús estará emprazado diante da Casa do Concello de Nigrán o martes 16 en horario de tarde de 10:00 a 14:30 horas e 16:00 ás 21:00 horas.
O entroido chega este venres ao Rosal dun xeito diferente. O Concello organiza unha exposición de fotografías coa que se rememora décadas de celebración do carnaval nos diferentes barrios rosaleiros, unha festa con grande arraigo, transcendencia e seguimento social no municipio.
O Goberno Municipal fixo públicos novos datos sobre a ampliación da Escola Infantil no ano 2006. As obras executadas baixo o goberno do alcalde González Solla no centro educativo realizáronse sen a autorización da Xunta ao non cumprir coa normativa vixente para estas instalacións.
O Concello de Redondela ultima os traballos para abrir, nas vindeiras datas, o que será o primeiro parque de calistenia do muncipio, unha modalidade de exercicio cada vez máis solicitada e na que só se utiliza o peso corporal seguindo diferentes táboas.
O goberno de Nigrán iniciará no vindeiro pleno ordinario do 22 de febreiro os trámites de irmandamento co coruñés de Valdoviño co obxectivo de promover e fomentar a cultura surfista que comparten desde a orixe deste deporte en Galicia nos anos 70.
O pasado ano, marcado pola irrupción da pandemia da Covid-19 e a crise económica que a acompañou - e que aínda se deixa sentir-, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda continuou a traballar no fomento do tecido socioeconómico dos municipios da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
As actividades impulsadas pola Deputación na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero non se deteñen por mor da pandemia. O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” comezou a súa sexta edición adaptándose ás restricións sanitarias cun acto celebrado no Auditorio de Mos e transmitido en directo por “streaming” a través da web da Deputación e do Concello.
O Concello de Ponteareas informa que como consecuencia das obras de instalación da caldeira de biomasa se restrinxirá o acceso rodado á rúa Santa Ana dende o venres 12 ás 8 horas até o sábado 13 ás 18 horas.
O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo un primeiro prazo de preinscrición para aqueles veciños empadroados no municipio que estén interesados en recibir clases de piano e linguaxe musical no vindeiro curso e dentro das actividades culturais municipal que xa ofrecen violín ou guitarra.
Pasados uns meses da entrada en funcionamento da nova concesión do transporte público dependente da administración autonómica, o Concello do Rosal trasladou á Xunta de Galicia algunhas das incidencias e problemas que sofre a veciñanza.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou un investimento da Xunta de 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor, en Gondomar.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.