21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasRestrinxido o acceso á rúa Santa Ana dende o venres ás 8...

    Restrinxido o acceso á rúa Santa Ana dende o venres ás 8 horas até as 18 horas do sábado

    O Concello de Ponteareas informa que como consecuencia das obras de instalación da caldeira de biomasa se restrinxirá o acceso rodado á rúa Santa Ana dende o venres 12 ás 8 horas até o sábado 13 ás 18 horas do seguinte xeito:

    TRAMO 1: dende Vidales Tomé até a entrada da Residencia Santa Ana: non se poderá circular nin entrar nin sair con vehículos. En consecuencia non será posíbel a entrada e saída nos garaxes situados nese tramo.

    TRAMO 2: Dende a entrada da Residencia Santa Ana até a Praza Maior/San Xoaquín: poderase acceder pola rúa de Oriente e San Xoaquín; sairase pola Praza Maior.

    No tramo 1 puntualmente por razóns de seguridade poderase limitar a accesibilidade a pé.

    Agradecemos a comprensión da veciñanza diante das incomodidades e inconvintes que sempre xera calquera obra en espazos públicos. Para calquera aclaración ou situación non prevista nesta comunicación poden contactar coa Policía Local (092 desde Ponteareas ou 986640050) ou en mobilidade@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.