Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

Tomiño levará a cabo unha auditoría do alumeado público co fin de optimizar as instalacións e o consumo municipal

A Concellería de Servizos Públicos que dirixe Lois Vázquez, vai emprender en breve unha Auditoría do Alumeado Público de Tomiño, tanto de subministro pública, coma das instalacións utilizadas no Concello. Os traballos levarán uns cinco meses para a súa realización, e comprenderán a inspección in situ de todas as instalacións de iluminación do municipio, así coma tamén a introdución en base de datos e sistema GIS de todos os datos do inventario de iluminación pública.

A película gañadora do Goya de animación “A Galiña Turuleca” proxéctase este xoves no Teatro Municipal

Esta semana continúa a programación cultural no Teatro Municipal de Tui coa proxección da película “A Galiña Turuleca”, seleccionada como mellor película de animación na edición dos Premios Goya 2021.

O Consorcio de Augas do Louro anuncia un corte de subministro no Porriño entre as 10 h e as 12:30 horas

O Consorcio de Augas do Louro vén de dar conta que será finalmente mañá mércores, día 17 de marzo, cando se proceda ao corte de dúas horas e media de duración no abastecemento de auga nalgunhas rúas do centro urbano para desenvolver tarefas de mantemento da rede de subministro.

O PSOE no Parlamento Galego denuncia o “veto” do PP á iniciativa socialista de mellora da mobilidade na PO-363 e PO-250 en Redondela

"O PP vén de vetar a execución das obras de mellora da mobilidade e seguridade en dúas estradas de Redondela, a PO-363, avenida Mendiño e o tramo Redondela-Cesantes; e a PO-250, estrada Pazos de Borbén no seu tramo ata Redondela" sinalou a deputada socialista Leticia Gallego quen sinala que os populares votaron en contra dunha proposición non de lei socialista para urxir a mellora destas dúas calzadas.

Xa en marcha as obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos

O Concello do Rosal continúa a dar pasos para a creación do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico da contorna.

O grupo socialista lamenta o veto da Xunta á contrución do acceso sur ao porto da Guarda

A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, vén de lamentar o veto da Xunta de Galicia á construción do acceso sur ao Porto da Guarda. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha pregunta á presidenta de Portos de Galicia, quen confirmou que o goberno galego non desenvolverá un proxecto “fundamental” para o desenvolvemento económico do municipio.

O Concello de Tui reinviste 9 mil euros dunha baixa do Plan Concellos en equipamentos informáticos

O Concello de Tui vén de adquirir novos equipamentos informáticos grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos 2018/19 da Deputación de Pontevedra de “Mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello) en Tui" por importe de 9.189,95€, IVE incluído.

As Neves esixe a mellora da implantación da fibra óptica

O pasado luns o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez e o concelleiro de Servizos e responsable de innovación tecnolóxica, Óscar González; mantiveron unha xuntanza telemática coa dirección de Galicia de Telefónica. Nela tratáronse os detalles da situación da instalación da fibra óptica a día de hoxe e das previsións futuras.

Tui, un dos 15 concellos que participa en ‘Únete ao Reto’ de Ecoembes

O Concello de Tui recibiu hai uns días de Ecoembes novos colectores para a recollida selectiva. En concreto foron 12 colectores amarelos para envases, e 5 para a recollida de papel e cartón. Deste xeito o concello de Tui segue a ampliar o número de colectores dispoñibles para a recollida selectiva tanto no centro urbano coma nas parroquias.

Cruz Vermella en Redondela atende a máis de 400 persoas na súa atención fronte á pandemia, con máis de 1200 intervencións

A principios de 2020, Cruz Vermella poñía os cimentos do que sería a maior operación de toda a súa historia en canto a mobilización de recursos, capacidades e persoas. Ante o incipiente impacto da COVID-19, a Organización humanitaria intensificaba a súa actividade coas persoas máis vulnerables a través de iniciativas como unha campaña especial.

O alcalde de Nigrán acude ao Aeroporto de Peinador a darlle a benvida á atleta Ainhoa Reparaz xunto aos compañeiros da Sociedade Atlética Val...

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu onte pola tarde a recibir á atleta miñorana Ainhoa Reparaz xuntos aos compañeiros da Sociedade Atlética Val Miñor a súa chegada ao Aeroporto de Peinador tras proclamarse esta fin de semana campiona de España sub-18 de 200 metros en Barcelona e bater o récord galego con 24.78’.

O Instituto de Estudos Tudenses propón reconverter o antigo edificio dos xulgados no ‘Museo de Tui e das Terras Transfronteirizas do Miño’

A recente inauguración da nova sede dos Xulgados de Tui, que deixaron a súa anterior sede na Praza da Inmaculada –no edificio coñecido popularmente como 'Cárcere do partido xudicial'– abre novas posibilidades para este inmoble "un dos más senlleiros da cidade" segundo o Instituto de Estudos Tudenses, motivo polo que propón a súa reconversión nun un Museo de Tui e das terras transfronteirizas que conforma o río Miño.