Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

A Deputación dá vía libre á contratación do novo proxecto de humanización en Gondomar

O Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o expediente para a contratación de novas obras de humanización en Gondomar, que se desenvolverán en concreto na interconexión entre as rúas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais de Peitieiros e Chaín-Morgadáns.

Salvaterra mellora a pavimentación en Bugallar e Cernadas, na parroquia de Lira

O Concello de Salvaterra de Miño iniciou, este pasado venres, as obras de mellora da pavimentación en Bugallar e Cernadas, na parroquia de Lira. Trátase de dous camiños de titularidade municipal que se atopan actualmente nun avanzado estado de deterioro, polo que se fará una renovación completa da capa de rodadura.

Mos destina máis de 725.000 euros do Plan Concellos a ampliar a rede de saneamento en Petelos e Sanguiñeda e outros proxectos

A Xunta de Goberno local de Mos aprobou onte o Plan Concellos 2021 e a aceptación das bases da convocatoria na súa totalidade. Tal e como adiantaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto dentro deste Plan Concellos o Goberno local acometerá traballos de ampliación da rede de saneamento, de mellora da seguridade viaria en varios camiños municipais e de continuación da Humanización de Cela cun investimento de 725.112,36 euros.

Gondomar súmase ao movemento ‘A Hora do Planeta’ apagando a iluminación do centro urbano

Promovida pola concellería de Medio e Transición Ecolóxica esta adhesión súmase ás distintas iniciativas e políticas que desde este departamento veñen promovendo para garantir a sustentabilidade de Gondomar e un uso máis racional e seguro para a contorna natural, en concreto, e para garantir a saúde do medioambiente en xeral.

‘A prisión de Francisco I’ volve ao Museo do Prado logo de estar en depósito no Concello do Porriño dende 1929

Un equipo técnico enviado polo Museo do Prado retirou e trasladou cara a Madrid, o cadro 'A prisión de Francisco I', que estaba en depósito nas dependencias do Concello do Porriño desde o século pasado. O óleo, obra do pintor italiano Giovanni Migliara foi cedido polo Museo do Prado ao Concello con data do 11 de decembro de 1929. A pintura estivo colgada nunha das paredes da antigas oficinas da alcaldía durante 92 anos.

O Concello realizará un estudo para poñer en funcionamento o mercado de San Miguel

O pleno do Concello do Rosal aprobou este xoves en pleno a realización dun estudo para a posta en marcha de novo do mercado de San Miguel, que tras a reforma feita hai uns anos continúa sen actividade algunha e en total desuso. Para esta reactivación, o Concello realizará un estudo de campo e de viabilidade sobre as utilidades deste mercado “situado nunha contorna moi particular e que merece recuperar a actividade que tivo hai tempo adaptándoa á realidade actual e ás necesidades da veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Redondela consegue o compromiso do Ministerio para incluír na reposición de viais da AP9 “reivindicacións irrenunciables para Chapela”

“As alegacións presentadas pola veciñanza e colectivos de Chapela ao proxecto de reposición de viais da AP9, son irrenunciables e o Concello loitará para que a débeda que se ten con Chapela sexa resarcida”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas durante a reunión telemática mantida con Sergio Vázquez Torrón, secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Tomiño apúntase ás renovables

O Concello de Tomiño vén de conseguir do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), dúas axudas cofinanciadas polo Fondo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia, co obxectivo de acometer dous proxectos de enerxía fotovoltaica; un na propia Casa do Concello e outro no edificio multiusos que alberga a Escola Municipal de Música, en Goián.

Tres novas actividades formativas gratuítas na cuarta edición do programa ‘Coas mans na masa’

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha unha nova edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo organizado ao abeiro da Escola Eurural que ten por obxectivo achegar valor engadido a produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima do territorio en produtos de gran calidade e á súa conservación para a posterior comercialización.

O goberno local de Ponteareas leva a pleno a normativa para regular o teletraballo no concello

O concelleiro de Recursos Humanos e Innovación Tecnolóxica, Benito Márquez, elevará ao pleno o próximo martes, 30 de marzo, o Regulamento para o Fomento do Teletraballo no concello de Ponteareas.

O Concello pon en marcha rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón esta Semana Santa

O Concello porá en marcha para esta Semana Santa rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón, un percorrido de 3,5 km por unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo no que as persoas participante coñecerán a historia e os diferentes recunchos de estes muíños singulares construídos en cascada da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia.

Luis López apela aos valores do Camiño de Santiago “para facer que Galicia sexa cada día máis grande” na inauguración do Monumento da Vieira...

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, apelou aos valores propios do Camiño de Santiago e dos peregrinos “para facer que Galicia sexa cada día máis grande e teña máis futuro” durante o acto de inauguración do Monumento da Vieira de Tui, impulsado pola asociación de comerciantes Acitui e que quedou emprazado en plena Praza de Galicia da vila tudense.