Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

A Deputación inicia o ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada Os Valos-Guizán, Redondela

A Deputación de Pontevedra xa ten en marcha as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2906 Os Valos-Guizán en Redondela, que permitirán a transformación integral desta estrada, na que se reordena a circulación peonil, ciclista e rodada baixo o modelo de mobilidade segura e amable da Deputación. Esta ambiciosa actuación, na que o ente provincial inviste máis de 320.000 €, ten un prazo de execución de cinco meses.

O Multiúsos da Xunqueira acolle ata o vindeiro 21 de abril a exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’

Dende onte sábado e ata o vindeiro día 21, o Multiúsos da Xunqueira de Redondela, acolle a mostra 'Rexas, mulleres baixo o terror franquista', unha exposición que pretende reivindicar a memoria das vítimas do golpe de Estado de 1936 cunha escolma da historias de represión sufridas por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e, ademais, polo feito da súa condición de mulleres, soportaron tamén vexacións de corte sexista.

O CPA Condado de Salvaterra campión Galego de Grupos Show Junior

O pasado 10 de Abril celebrouse en Salceda de Caselas o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos, alí, o Club Patinaxe Artistica Condado, coa coreografía Unidade 630 revalidaba o título de Campión Galego na modalidade de Grupos Junior. Con esta vitoria, o grupo junior conseguía praza para participar no próximo Campionato de España que se celebrará en Alcoy o 7 e 8 de Maio.

Nigrán renovará toda a sinalización do espazo dunar de Praia América-Lorido incluíndo sistema braille e audioguías

O Concello de Nigrán dá un paso máis na posta en valor do espazo dunar de Praia América-Panxón ao destinar 17.000 para renovar a totalidade da sinalización do ecosistema dunar Praia América-Panxón e facela inclusiva. O proxecto, que estará rematado ao inicio da tempada estival, permitirá homoxeneizar e actualizar toda a sinaléctica actual, moi deteriorada tralo paso dos anos, e mellorar sustancialmente os deseños e o tratamento interpretativo dos textos.

O alumnado de Animación Sociocultural e Turística pon unha nota de cor no noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.

Ponteareas reforza a seguridade viaria na N-120 ao seu paso polo IES do Barral

A Concellaría de Mobilidade e Tráfico de Ponteareas informou da entrada en funcionamento dos dispositivos de redución de velocidade na N-120 no entorno do IES do Barral. A comezos de ano o Concello instalou un semáforo que dotou de seguridade a esa zona, posibilitando que a comunidade educativa poida atravesar a calzada coa máxima seguridade.

A Policía Local de Ponteareas investiga a subtracción de sinais de tráfico na zona do Centro de Saúde

A Policía Local de Ponteareas investiga a subtracción na noite do xoves ao venres de varios sinais de tráfico instalados o xoves para a nova reordenación do tráfico no entorno do Centro de Saúde. Os sinais foron retirados por persoas descoñecidas e ocultadas en varios lugares das inmediacións onde foron localizadas.

Redondela reforza os servizos de emerxencias coa aprobación plenaria de creación do GES Redondela-Mos

O Pleno do Concello de Redondela, reunido en sesión extraordinaria, aprobou o pasado xoves, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e PP, o convenio de creación do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, co que o concello redondelán pasará a contar cun total de 6 efectivos de xeito permanente.

Salceda tratará o ‘catastrazo’ do Ministerio de Hacienda nun Pleno Extraordinario

O vindeiro xoves, 15 de abril, celebrarase un Pleno Extraordinario no Concello de Salceda para tratar diferentes iniciativas que ofrezan facilidades á veciñanza á hora de facer fronte aos pagos derivados do proceso de regularización que está a levar a cabo o Ministerio de Hacienda a través da Xerencia do catastro. O Pleno foi solicitado polo Partido Popular de Salceda con dous puntos na orde do día, e ámbolos dous casos coinciden coas iniciativas do equipo de Goberno, que xa puxo en marcha os dous procesos antes de que fosen solicitados por parte do Partido Popular.

Mos manterá suspendida temporalmente a actividade dos furanchos

A Reunión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 no Concello de Mos –a número 39 dende que comezou a crise sanitaria– reuniuse baixo a presidencia da alcaldesa Nidia Arévalo e, entre outras medidas, adoptou a de manter a suspensión temporal da actividade dos furanchos "en base á situación sanitaria actual".

A Xunta acondiciona as zonas verdes das sendas en Praia América e a Ramallosa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar o acondicionamento das zonas verdes nas sendas das estradas PO-340, na Ramallosa, e da PO-325, na travesía de Praia América, no concello de Nigrán. A Xunta, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas marxes das estradas autonómicas na provincia, está a levar a cabo estas semanas traballos de axardinamento nos itinerarios peonís e ciclistas destas dúas vías.

Ponteareas asinará un novo convenio coa Deputación para dar continuidade ao servizo de administración electrónica

O goberno BNG-PSOE elevou a pleno a súa firme intención de volver a asinar un novo convenio coa Deputación de Pontevedra para dar continuidade ao servizo de implantación, formación, soporte e mantemento dunha solución de administración electrónica na administración municipal. A proposta do goberno, defendida no pleno polo concelleiro socialista Benito Márquez, foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos políticos.