Mércores, 13 Agosto de 2025

Comarcas

Fernández-Tapias anuncia a renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño do Porriño

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou hoxe un investimento de 187.000 euros para a renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño no municipio pontevedrés do Porriño.

O Concello de Tomiño contrata a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2021

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal. As novas incorporacións producíronse ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2021 na súa liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

Nigrán incorporará por primeira vez o Servizo de Atención Temperá para crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno do desenvolvemento

O Concello de Nigrán incorporará por vez primeira no municipio o 'Servizo de Atención Temperá' dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo.

Hoxe reabre o túnel do Folgoso na Cañiza da autovía A-52

O Secretario Xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, presidiu hoxe o acto de reapertura ao tráfico do túnel do Folgoso na autovía A-52, tras a execución das obras de reparación dos graves danos ocasionados por un incendio de gran potencia dun camión portacoches que transportaba oito turismos, acaecido no interior do devandito túnel o pasado 25 de xaneiro.

Falece unha persoa nunha colisión entre un coche sen carné e un camión formigoneira en Tomiño

Unha persoa perdeu a vida este mediodía ao colidir frontalmente o coche sen carné no que circulaba contra un camión formigoneira, cuxo ocupante resultou ileso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregasen o material de excarceración para liberar a esta persoa, que quedou atrapada no interior do vehículo.

A Guarda adxudica as obras de mellora na Praza de Abastos

O Concello da Guarda ven de adxudicar as obras de mellora da Praza de Abastos da localidade, consistentes na substitución do pavimento interior actual por gres cerámico antibacteriano, a adecuación de dous postos que se sacarán a concurso xunto a outros que se atopan baleiros na planta inferior, e a creación dunha zona de lecer coa apertura da terraza frontal.

Tui acolle a exposición itinerante sobre Xela Arias ‘Aquela nena de Sarria’

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá este luns, 3 de maio, ás 13 horas a presentación da mostra itinerante 'Aquela nena de Sarria'. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

O Concello de Redondela esixe unha resposta “as reiteradas peticións” de vacinar ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Tan só 17 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela (SAF), dun total de 50, recibiron a vacina contra a COVID-19, pese a exercer un labor no que, polas súas características, “poden ser contaxiadas ao mesmo tempo que poden ser fonte de contaxio”, sinalou a alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas.

As estradas da Louriña e Condado acollerán a ‘V Challenge Rías Baixas’ de ciclismo os días 8 e 9 de maio

O ciclismo volverá ás estradas das comarcas da Louriña e O Condado os días 8 e 9 de maio cunha nova edición da 'Challenge Rías Baixas' que neste ano 2021 cumpre a súa quinta edición organizada polo club 'Master da Louriña'. A proba, de rango nacional, foi presentada na mañá de hoxe na praza do Arquitecto Antonio Palacios do Porriño, coa presenza do deputado provincial de deportes, Gorka Gómez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente Club Master Louriña, Juan José Álvarez Cerdeira; e os concelleiros de deportes do Porriño, David Alonso; Mos, José Areal e o concelleiro de Mocidade de Ponteareas, Miguel Bouzó.

A Xunta remata a mellora da seguridade viaria na PO-552 Tui-Tomiño e elimina os tramos de concentración de accidentes

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de rematar coas obras de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, no treito entre Tui e Tomiño, consistentes na eliminación dos seus tramos de concentración de accidentes grazas a un investimento, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, de 660.000 €.

O Rosal traslada ao delegado territorial da Xunta as necesidades do municipio

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, mantivo este xoves xunto a varios concelleiros unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, un encontro institucional no que o Goberno municipal aproveitou para trasladar ao delegado as necesidades de mellora detectadas no concello en diferentes eidos como a educación, o transporte público, a sanidade, a dependencia ou as infraestruturas.

O campamento urbano Gondoverán 2021 abre o prazo de inscrición

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, informa que se pon en marcha unha nova edición do campamento urbano Gondoverán coa colaboración da Deputación de Pontevedra.