Luns, 4 Agosto de 2025

Comarcas

Renovación das cubertas do CEIP Bouza Brei en Ponteareas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de licitar as obras de renovación das cubertas do edificio principal, destinado a aulario, e do ximnasio do CEIP Fermín Bouza Brei, no Concello de Ponteareas, cun orzamento global de case 300.000 euros.

O Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa este venres na Guarda cunha charla sobre “alargascencia”

O actual modelo de consumo vén marcado por produtos pouco duradeiros, difíciles de reparar e reutilizar. Neste contexto, medio ambiente e cidadanía vense prexudicados xa que a reciclaxe non é suficiente para asegurar un consumo de recursos naturais sostible, xa que estamos consumindo recursos a un ritmo maior do que se rexeneran.

Sorteo en Baiona pola XXXI edición da Festa da Bicicleta

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o sorteo das dúas bicicletas con motivo da celebración da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor este ano adaptouse á época COVID.

Oia avanza no proceso para establecer o seu escudo oficial

O Concello de Oia continúa avanzando no proceso para definir o escudo e bandeira oficial do municipio e, con ese obxectivo, manterá unha nova xuntanza coa Comisión Heráldica, órgano consultivo da Xunta ao que lle compete a aprobación de brasóns e bandeiras.

Tomiño participa na campaña #UnÁrbolPorEuropa no Día Internacional do Medio Ambiente

Tomiño participará, a través do seu Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” na celebración do Día Internacional do Medio Ambiente (5 de xuño). Convidado pola Oficina do Parlamento Europeo en España, o Concello sumarase á Campaña #UnÁrbolPorEuropa.

A Concellería de Cultura do Porriño ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.

SOS A TERRA, nova actividade medioambiental en Gondomar

A Concellería de Xuventude de Gondomar, na súa labor de informar e concienciar sobre temáticas de diversa índole, apostou para levar a cabo nos centros educativos de primaria do concello de Gondomar, unhas actividades de concienciación medioambiental baixo o lema "SOS A TERRA".

Completada en Cesantes a primeira regata da tempada de Kitesurf

Gran xornada de regatas onte luns, día 17, en Cesantes coa disputa do Trofeo Letras Galegas. Aínda que durante as primeiras horas do día todo apuntaba a que o vento non o ía a poñer nada fácil, finalmente a enseada de San Simón ofreceu boas condicións para a práctica do kitesurf e a Organización puido completar as tres probas programadas para a clase Foil e dúas para Surf e Twintip.

Arbo convoca o I certame fotográfico “Arbo, vila da lamprea – LXI Festa da Lamprea”

O Concello de Arbo convoca o I certame fotográfico "Arbo, vila da lamprea - LXI Festa da Lamprea". O obxectivo deste concurso é promover e poñer en valor a enorme diversidade de recursos naturais e paisaxísticos de Arbo. Un extraordinario patrimonio natural, cultural e patrimonial que forma parte da beleza do conxunto do termo municipal.

Nigrán ofrece o vindeiro 30 de maio, na contorna de Monte Castelo, unha proba de orientación e aventura

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, ofrece o domingo 30 de maio na contorna de Monte Castelo a súa primeira proba de orientación e aventura dirixida a todo tipo de público co obxectivo de por en valor a zona e dala a coñecer mediante unha actividade innovadora segura, saudable, participativa e de carácter familiar.

A Deputación aborda a última fase para a musealización do Castelo do Sobroso

A musealización do Castelo de Vilasobroso, unha das xoias patrimoniais da provincia, está en marcha. A Deputación ven de adxudicar á obra por un importe de 261.631 euros co obxectivo de que as persoas que visiten a fortaleza da comarca do Condado poidan gozar dunha experiencia audiovisual do século XXI.

Beatriz Cabaleiro presenta o seu primeiro libro no Pazo de Mos

O Pazo de Mos acolleu un novo acto de presentación incluído no ciclo ‘Mos coa lectura’ organizado polo Concello de Mos. A autora protagonista foi Beatriz Cabaleiro, que presentou a súa ópera prima literiaria: ‘Clover, unha porquiña diferente’, que conta con ilustracións de Blanca Millán.