20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarSOS A TERRA, nova actividade medioambiental en Gondomar

    SOS A TERRA, nova actividade medioambiental en Gondomar

    A Concellería de Xuventude de Gondomar, na súa labor de informar e concienciar sobre temáticas de diversa índole, apostou para levar a cabo nos centros educativos de primaria do concello de Gondomar, unhas actividades de concienciación medioambiental baixo o lema “SOS A TERRA”.

    “A TERRA necesita coidados, é a nosa única casa”, esa é a premisa desta iniciativa. Mediante xogos e experimentos de xeito lúdico e creativo coñecerán os síntomas que padece o planeta, como lle afectan os cambios , distintos tipos de contaminación, a obsolencia planificada e medidas que podemos adoptar para o coidado do noso planeta.

    Máis de 100 rapaces de quinto de primaria de todo o concello van participar desta iniciativa de concienciación ambiental que realizarase ao longo do mes de maio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.