14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA Concellería de Cultura do Porriño ofrece o préstamo do piano de...

    A Concellería de Cultura do Porriño ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal

    O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.

    Os interesados deberán acreditar:

    • Un mínimo de estudos relacionados coa música, a través da presentación da matrícula nun conservatorio, academia ou centro especializado ou titulo pertinente
    • Capacidade de manexo do instrumento a través dun vídeo ou enlace onde se mostre a experiencia no uso do piano (no caso de non poder acreditar mediante estudos).  

    Entre as condicións, a Concellería de Cultura, estableceu que terán preferencia as alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música do Porriño, acreditándoo mediante a presentación da copia da matrícula, ou carta do seu profesor recomendando os ensaios co instrumento. Tamén terán prioridade as usuarias e usuarios menores de idade (ata 16 anos) que deberán acudir acompañadas dunha persoa adulta responsable.

    O horario do centro para os ensaios será, de luns a venres, de mañá: de 10 a 12 hora, e de tarde: de 17 a 19 horas. O tempo máximo de duración do ensaio será de 2 horas por persoa. E poderán ensaiar un máximo de 3 persoas ao día.

    As solicitudes faranse a través do correo electrónico cultura@oporrino.org indicando en asunto: “solicitude de uso do piano”, anexando o formulario normalizado e a documentación acreditativa pertinente en cada caso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.