21.2 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa este venres na Guarda cunha charla...

    O Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa este venres na Guarda cunha charla sobre “alargascencia”

    Inscricións abertas no correo electrónico centrocultural@aguarda.es

    O actual modelo de consumo vén marcado por produtos pouco duradeiros, difíciles de reparar e reutilizar. Neste contexto, medio ambiente e cidadanía vense prexudicados xa que a reciclaxe non é suficiente para asegurar un consumo de recursos naturais sostible, xa que estamos consumindo recursos a un ritmo maior do que se rexeneran. Por todo isto, debemos ir máis alá, mudando os nosos hábitos cara un modelo máis responsable para construír unha sociedade máis consciente.

    De cara a proporcionar ferramentas á cidadanía para levar a cabo este cambio no modelo de consumo, o Concello da Guarda organiza unha charla sobre como deixar atrás a obsolescencia e alongar a vida dos produtos que consumimos. Alí, ademais de analizar o actual modelo de consumo, proporcionarase un directorio que axudará á veciñanza a atopar diferentes establecementos de reparación, segunda man, aluguer….  Esta actividade estará impartida por Amigos da Terra e realizarase no Centro Cultural ás 20:00h deste venres 21 de maio.

    A programación de “Sostendo o Futuro” continúa o sábado 5 de xuño co día do Medio Ambiente, onde para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.

    Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es.

    Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.