Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará na Guarda no mes de xaneiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de A GUARDA no vindeiro mes de xaneiro.

A sustentabilidade será a protagonista da campaña de Nadal no comercio de Redondela

Durante todo este mes de decembro poñeranse en marcha unha serie de iniciativas de apoio e promoción do comercio de Redondela. Hoxe comezamos a preparación das decoracións de Nadal.

Covelo pavimenta o camiño das Searas en Paraños

O camiño das Searas entre Cotarel e As Medelas, na parroquia de Paraños, convértese nunha pista asfaltada logo dos traballos que nestes días executa o Concello de Covelo co obxecto de mellorar os accesos ás propiedades.

“Visita A Guarda na Ponte da Constitución” nova campaña para dar a coñecer a vila

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio grazas ás rutas, gozan da nosa natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

O espectáculo “Cacho animalada” chega este domingo a Baiona

O Multiúsos de Sabarís no Concello de Baiona será escenario este domingo, 3 de decembro, da actuación protagonizada pola narradora Vero Rilo que porá en escena a obra “Cacho animalada” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”.

Xa está aberta a inscrición para a II San Silvestre de Tui

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na II San Silvestre Tudense, que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira.

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional

Co gallo do Día Internacional da Diversidade Funcional, que se conmemora o próximo 3 de decembro, Redondela acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Andaina coa colaboración do Concello de Redondela.

Oia inicia as obras de renovación do céspede do campo de fútbol das Tornas

Os traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal das Tornas, en Santa María de Oia, están xa en marcha.

O Porriño reivindica unha sociedade na que non se discrimine a ninguén

O pavillón municipal do Porriño acolleu hoxe a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que, como cada ano, organiza Aceesca Porriño para reclamar a implicación de toda a sociedade para a plena inclusión das persoas con diversidade.

A Cañiza aproba un plan de saneamento financeiro

O Pleno da Cañiza aprobou onte, por maioría absoluta, o plan de saneamento financeiro. Este plan contempla solicitar ao Ministerio de Facenda que rebaixe ata o 25 % a retención que está aplicando nas cantidades que ingresa o Concello a conta da participación dos tributos ao Estado (unha das principais fontes de financiación do Concello).

Nigrán ofrece hoxe o concerto do Grupo de Cordas de Priegue

O Concello de Nigrán ofrece hoxe venres 1 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do 'Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue' coa gran particularidade de que está integrado por 21 persoas adultas formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ter sido o fundador do prestixioso 'Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela'.

Oito equipos do Baixo Miño disputarán o Campionato Nacional de Futbolín

O futbolín gaña peso no Rosal. Oito equipos do Baixo Miño que disputan a Liga Nacional de Futbolín nas instalacións de Editorial Tamuxe no Rosal, participarán esta fin de semana no XXVI Campionato Nacional de Futbolín 2023, que reunirá en Lalín aos mellores xogadores e de España.