Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

O Concello de Covelo executa obras por máis de 120.000 € para reparar os danos por temporais

O Concello de Covelo executa traballos de reparación e reconstrución por un total de 122.052 € nas parroquias de Casteláns, Godóns, Santiago de Covelo e San Salvador de Prado. Con estas obras o Concello procede a arranxar os danos causados pola climatoloxia adversa en infraestruturas municipais.

Aberto o prazo para inscribirse no campamento de Nadal

O vindeiro 22 de decembro comezará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ambos inclusive. Tendo preferencia os empadroados no Porriño.

O Concello abre unha enquisa sobre participación e necesidades socioculturais no Rosal

O Concello do Rosal está levando a cabo un Estudo de participación e necesidades culturais da veciñanza co obxectivo de coñecer as necesidades culturais, de lecer e de participación da veciñanza para facilitar a toma de decisións neste campo.

Abel Caballero, invitado sorpresa ao acendido de Nadal de Redondela

O Concello de Redondela prendeu as luces de Nadal nun evento cheo de música, cor e animación. A afluencia de público foi masiva, cunha praza do Concello ateigada de xente, ao igual que a Alameda e as rúas e prazas do centro da vila.

O Castro British International School ilumínase cun 30 % de enerxía limpa

O Castro British International School, situado no municipio pontevedrés de Mos, iniciou o novo curso escolar iluminando as súas aulas con enerxía solar grazas a unha iniciativa conxunta entre Globeducate, un dos principais grupos educativos a nivel mundial e con máis de 60 colexios en todo o mundo, e Endesa X, a filial de servizos enerxéticos de Endesa.

Ponteareas aproba as bases reguladoras das subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Ponteareas, a través de resolución de Alcaldía, vén de aprobar as bases reguladoras de subvencións incluídas no Programa de Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que poden chegar ata 30.000 euros.

A biblioteca de Nigrán comeza hoxe co horario de apertura extendido

A biblioteca municipal de Nigrán retoma en decembro e xaneiro o horario ampliado da sala de estudo de cara aos exames universitarios, tal e como xa viña facendo e sendo a única do Val Miñor en ofrecer esta facilidade aos estudantes.

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron o Premio Deportista Tudense

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui.

Covelo convoca aos elfos de Nadal para que despreguen a súa maxia

Como cada ano os elfos de Nadal visitan o Concello de Covelo para facer maxia e inundar de ilusión cada recuncho, por este motivo o Concello convida a toda a cidadanía a participar no grupo de voluntariado “Fábrica de felicidade” que xa comezou a traballar para preparar o desfile navideño.

O Concello de Redondela pon en marcha o Plan Municipal de Voluntariado

O pleno da corporación de Redondela aprobou onte o regulamento municipal de voluntariado, normativa necesaria para poñer en marcha o Plan Municipal de Voluntariado.

Baiona imparte un taller informático navideño para maiores de 55 anos

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías e a Concellería de Política Social, organizan un taller informático do Nadal o vindeiro mércores 13 de decembro, de 10:00 a 12:00 horas, no Multiúsos Ángel Bedriñana para persoas maiores de 55 anos.

Aberto o prazo para participar no “I Mercadiño de Nadal do Porriño”

O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.