Mércores, 4 Xuño de 2025

Comarcas

Entra en vigor unha nova ordenanza reguladora de feiras e venda ambulante na Cañiza

A Ordenanza, aprobada definitivamente por Acordo do Pleno o pasado 30 de setembro de 2021, deroga a anterior e regula o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes.

Ponteareas ofrece unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar o traballo dos docentes co alumnado con trastorno do espectro autista

O Concello de Ponteareas continúa apostando pola inclusividade e a igualdade nas aulas dos centros educativos da vila. Hoxe ás 17.30 horas, no IES Val do Tea organiza, xunto a Fundación Menela, unha formación para mellorar a intervención educativa dos docentes co alumnado con trastorno de espectro autista.

Cancelada a Festa do Viño Espumoso de Salvaterra de Miño

Ante a inminente e recente subida de contaxios da Covid-19 que está afectando a todo o País, a nosa Comunidade e por ende ao Concello, non se pode mirar cara outro lado e por iso o Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven reunirse para tomar unha determinación tan contundente coma precisa

Aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de Nadal de Nigrán

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza como cada ano a “Ludoteca de Nadal 2021” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Hoxe preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Hoxe martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”.

Mos aproba en Pleno o primeiro orzamento de Arévalo que inclúe un plan de inversións propio

Onte aprobouse en Pleno, coa maioría de votos favorables (goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra), o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións.

Xa funciona o estacionamento limitado gratuíto na Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos

Persoal municipal do Concello de Ponteareas está dende este mesmo luns na Avenida de Galicia, en Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos informando e resolvendo dúbidas sobre o uso do estacionamento limitado gratuíto que entrou hoxe en funcionamento.

A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

Vilasobroso lanza unha campaña de doazóns para restaurar o colexio de Valiño

A Entidade Local de Vilasobroso logrou unha subvención de fondos Europeos xestionada polo IDAE para a restauración do antigo grupo escolar de Valiño. Unha demanda histórica da veciñanza dado o estado calamitoso desde que deixou de ser unha escola unitaria xestionada pola Xunta de Galicia vai máis de 10 anos.

Nigrán avanza cara a inauguración do parque comercial “Nasas” en Porto do Molle

O Concello de Nigrán avanza de cara a que o parque comercial 'Nasas' sexa unha realidad en Porto do Molle en decembro de 2022.

A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de que facer na vila.

O Rosal rende homenaxe a Pepe Varela, un home comprometido coa transformación agraria

Entregado, incansable e “comprometido coa agricultura” e a súa transformación para garantir o seu futuro. Así foi Xosé Pérez Varela, Pepe Varela, a quen O Rosal quixo renderlle homenaxe para enxalzar o seu labor “continuo e diverso”.