Mércores, 11 Xuño de 2025

Comarcas

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 7 e sábado 8 de xaneiro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 7 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 8 de 10:15h ás 15:00h.

O Concello do Rosal adórnase polo Nadal

Ao Concello do Rosal gústalle o Nadal e quere que todos os veciños e veciñas desfruten destas festas nas rúas do municipio. Por iso, este ano, quere poñer en valor a fermosa decoración dos espazos públicos.

A veciñanza de Ponteareas xa pode recoller o calendario 2022 que homenaxea a obra do caricaturista Vidales Tomé

O Concello de Ponteareas quere agasallar a toda a veciñanza co seu Calendario Galego 2022 no que homenaxea ao gran caricaturista ponteareán Vidales Tomé.

O Concello de Salceda entrega os premios do seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro.

O Goberno redondelán mellora a accesibilidade da Praza de Abastos coa instalación dun ascensor

O Concello de Redondela vén de dar por rematadas as obras de accesibilidade da Praza de Abastos coa instalación dun ascensor.

A Cañiza entregou este ano cerca de 10.000 quilos de alimentos

O Concello da Cañiza entregou este ano cerca de 17.000 quilos de alimentos ás familias incluídas nos programas de acción social municipal. Nestes días previos á Noiteboa, o Concello fixo entrega de 2.500 quilos de alimentos e produtos de hixiene e, nesta ocasión especial, doces de Nadal, ás 35 familias do programa.

O Concello do Rosal alegará contra o parque eólico do Merendón

O Concello do Rosal anuncia que alegará contra o parque eólico do Merendón. A Xunta publicou hoxe no DOG que este proxecto, que inclúe cinco aeroxeradores, cinco centros de transformación e dúas subestacións entre Oia e O Rosal, será tramitado por urxencia e que está en fase de estudo ambiental.

O Monte Veciñal de Covelo rexeita a construción do parque eólico da Telleira

A asemblea xeral do Monte Veciñal de Santiago de Covelo (concello de Covelo) acordou por unanimidade rexeitar a instalación na súa propiedade do parque eólico da Telleira, promovido polo grupo empresarial Adelanta.

O Concello de Ponteareas informa que a Policía Local dispón de imaxes do vertido de aceite na praza de Bugallal

O Concello de Ponteares informa de que a Policía Local dispón de imaxes do momento no que se producíu o vertido deliberado de aceite sobre o pavimento da Praza de Bugallal o pasado mes de setembro.

Ecovidrio e Redondela impulsan a reciclaxe de vidro durante o Nadal cunha árbore formada por ‘miniglús’

Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, en colaboración co Concello de Redondela, instalou na mañá de onte na Praza da Constitución, unha orixinal Árbore de Nadal de catro metros de altura formada por un total de 75 miniglús.

O Concello de Arbo manterá conxeladas as taxas e os impostos municipais

O Concello de Arbo manterá a conxelación de todos os impostos e taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica sobre a veciñanza.

Gran éxito da Ruleta da Sorte de Redondela

A Ruleta da Sorte da Praza de Abastos de Redondela tivo unha gran acollida por parte da clientela, na que na mañá de onte repartironse centos de premios.