Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

Marta Fernández-Tapias, na presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que se disputará en Ponteareas

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, vén de participar no Castelo de Sobroso no acto de presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno 2024 que acollerá Ponteareas o vindeiro fin de semana, acto que a vicepresidenta da Deputación estivo acompañada pola alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro.

Redondela pon autobuses á disposición da veciñanza para acudir á manifestación “Na defensa do noso mar” en Santiago

O sector do mar sairá á rúa en Compostela este domingo día 21 para denunciar a grave situación que vive o sector pesqueiro e marisqueiro “e que arrastra desde hai máis dunha década” segundo os colectivos convocantes. A manifestación partirá ás doce do mediodía da Alameda e terminará na Praza do Obradoiro. Máis dun cento de colectivos do sector do mar e agrupacións ecoloxistas apoian esta mobilización baixo o lema “Na defensa do noso mar”, entre eles a Confraría de Redondela.

O Concello de Ponteareas homenaxea ao escultor Alfonso Quinteiro no marco da celebración do centenario do seu nacemento

O Concello homenaxea ao artista ponteareán Alfonso Quinteiro no marco da celebración do centenario do seu nacemento. Deste xeito, o próximo 27 de xaneiro presentarase o libro Alfonso Quinteiro, un talento na sombra no que o escritor Manrique Fernández rescata a figura e a obra do escultor e, ademais, a concellería de Ensino celebrará ao longo de todo o ano diferentes actividades que contribuirán ao recoñecemento do ilustre veciño.

O CEIP Porto Cabeiro presenta un libro con traballos do seu alumnado editado polo SNL do Concello de Redondela

O martes 16 de xaneiro, o salón de actos do CEIP Porto Cabeiro acollerá 17:30 horas a presentación do libro “O alumnado de Porto Cabeiro escribe sobre as súas parroquias”. Un libro editado polo Concello de Redondela e preparado dende o Servizo de Normalización Lingüística municipal coa colaboración do equipo de normalización do colexio.

A ponteareá Cristina Fernández, en postos de saída na candidatura do BNG ás eleccións galegas

A deputada e concelleira ponteareá, Cristina Fernández, ocupará o número 6 na candidatura do BNG ás vindeiras eleccións galegas. Así o aprobou nesta fin de semana a formación liderada por Ana Pontón. A candidata do BNG declarou que “o 18 de febreiro temos unha oportunidade histórica de abrir un tempo novo en Galiza con Ana Pontón e o BNG. Chegou o momento de gañar un futuro mellor".

Concello de Nigrán e Centro de Saúde Val Miñor ofrecen unha charla sobre ‘Alimentación saudable e planificación de menús’

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer mañá martes 16 de Xaneiro a charla 'Alimentación saudable e planificación de menús' ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e a cargo da dietista-nutricionista Marta Losada.

O BNG da Cañiza impulsa a reconversión do antigo edificio do GDR nunha Casa da Xuventude

O BNG da Cañiza está a impulsar unha iniciativa que permita converter as antigas instalacións do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) nun lugar no que a xente nova poida dispor dun espazo público onde desenvolver actividades, de xeito tranquilo e en condicións axeitadas, no seu tempo de lecer "sobre todo nos períodos do ano no que as condicións meteorolóxicas son máis adversas con chuvia, frio, vento e días con poucas horas de luz" sinala responsable local Trini Labaca.

Nace «La Flor del agua», un podcast 100 % galego para dar a coñecer a historia do Balneario de Mondariz

Balneario de Mondariz dá un paso adiante na comunicación de vangarda coa creación dun podcast, inicialmente de cinco capítulos, para dar a coñecer ás novas xeracións a historia de tres séculos termais que o converteron nun referente europeo. Un proxecto das xornalistas Roser Carrera e Ana J. Pastor, creadoras do podcast “Conversas ás toas”, que se basea as vivencias dunha escritora, Otilia Casanova, que, na época dos felices anos 20, trasládase á vila termal onde deixou oculto un misterio.

O Concello de Ponteareas opta a recibir unha subvención europea para a instalación de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos

O Concello opta a recibir unha subvención europea destinada á instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos no municipio. A administración local xa presentou a documentación necesaria no Instituto Enerxético de Galicia, da Xunta, que concede estas axudas a través dos fondos de recuperación da Unión Europea.

Redondela prepara unha limpeza da praia de Cesantes para paliar os desperfectos dos temporais do inverno

O luns comezarán as tarefas de limpeza na praia de Cesantes, logo de que unha empresa especializada na xestión ambiental fixese unha valoración de todos os danos sufridos no areal e na súa contorna por mor dos temporais deste inverno. Ao tratarse dun espazo de especial protección dentro da Rede Natura 2000, o Concello solicitou en decembro unha autorización á Xunta de Galicia para poder actuar.

O BNG tilda de “hipócrita” a postura de Arévalo e Lorenzo en relación ás peaxes

Os responsables locais do BNG en Mos e no Porriño, Óscar Rodríguez e Marcelo Rodríguez, quixeron contestar á comparecencia da Alcaldesa de Mos xunto co Alcalde do Porriño, o Presidente da Deputación de Pontevedra e outros cargos do PP. Nesta, os dirixentes populares pretenderon responsabilizar o BNG da suba das peaxes. “Escoitándoos parece que o PP non tivese gobernado nunca en Madrid.

Tomiño, capital galega da educación durante toda unha semana coa celebración da «IX Semana da Educación»

Tomiño volverá converterse na capital galega da educación durante unha semana o vindeiro mes de febreiro. Será coa celebración da novena edición da Semana da Educación, que cada ano converte a Tomiño nun referente no eido educativo coa participación de catro recoñecidos expertos e expertas que abordarán co público cuestións relevantes como a educación afectivo-sexual, a importancia do pensamento crítico na infancia, a humanización da educación ou a relevancia da música no ensino.