Domingo, 16 Novembro de 2025

Comarcas

Covelo pon en valor o serradoiro dos Carranos cunha nova actividade de portas abertas o domingo 21

A concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 21 de maio e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán. As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra.

A Guarda festexou por todo o alto o Día das Letras Galegas nunha xornada repleta de música e baile

O pasado mércores día 17 de maio o Auditorio de San Benito da Guarda acolleu o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderon tributo ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

Violeta de Santiago traballará “por un Tomiño que pase das promesas ás realidades” e que “escoite as demandas da veciñanza”

Cheo absoluto no Centro Cultural de Figueiró para respaldar a candidatura de Violeta de Santiago á Alcaldía de Tomiño. A candidata prometeu traballar por “un Tomiño das realidades, superando o Tomiño das promesas”. Afirmou que o actual Goberno municipal é “incapaz, está esgotado, é arrogante e padece unha total falta de ideas, que se plasma en obras sen sentido e alleas ás demandas que fai a veciñanza”.

A celebración do Festival Internacional de Títeres obriga ao traslado da Feira de Redondela á fin de semana do 28 de maio

O Concello de Redondela vén de dar conta que A Feira, que se tería que celebrar o día 21, trasládase ao 28 de maio dada a súa coincidencia coa celebración do XXIV Festival Internacional de Títeres. Ese día, explica o Concello, "haberá numerosos espectáculos e actuacións por toda a vila que impedirán a correcta instalación dos comerciantes". O día 28 de maio o horario será o habitual, non haberá máis cambios que esta nova data temporal.

A Cañiza entrega os premios de poesía e relato dos certames literarios ‘Letras Galegas 2023’

Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alcalde Luis Piña, acompañado do concelleiro de Cultura, Rubén Muiños, fixo entrega este 17 de maio, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXIV Concurso de Poesía e do XXII Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocados polo Concello da Cañiza.

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

O Concello abriu este mesmo xoves 18 de maio o prazo de inscrición no campamento de verán municipal para nenos e nenas matriculados durante o curso 2022/2023 en educación infantil ou educación primaria que estean empadroados no Rosal ou que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio.

Carlos Gómez avanza xestións para que a Casa da Navegación de Baiona forme parte da rede de museos estatais

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, avanza que “no próximo mandato queremos que a Casa da Navegación de Baiona forme parte de Rede de Museos Estatais, xa iniciamos as xestións tras as reformas levadas a cabo neste mandato”.

‘Estrada Estilismos Home’, ‘Viveiros Canedo’ e ‘Bar Alimentación Fozara’, gañadores dos premios «Ponteareas, Lingua e Empresa»

Ponteareas recoñece un ano máis ás persoas ou empresas que, día a día, achegan a lingua galega dun xeito normalizado ás persoas consumidoras e “contribúen deste xeito ao aumento e mellora do uso social do galego no sector empresarial”. Así o recordou a alcaldesa, Cristina Fernández, durante a entrega dos premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa 2022’ durante a celebración no auditorio municipal da Gala da Lingua celebrada este 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Arbo pon en valor a figura de José Gil, pioneiro do cine

Arbo acolle este venres e sábado varias actividades para difundir a figura de José Gil (As Neves, 1870-1937), precursor do cinema en Galicia. Os actos darán comezo o venres 19 de maio no auditorio do Centro Multiusos donde o alumnado do CEIP Antonio Carpintero visitara o cinemóbil nº 3 e pola tarde haberá proxeccións de balde para o público en xeral.

Antonio Lomba considera “unha prioridade” a renovación integral da piscina municipal da Guarda no vindeiro mandato

A Guarda é un concello referente en materia deportiva no eido das infraestruturas, no apoio aos clubs, entidades e deportistas, na celebración de eventos e por contar cun importante e variado movemento asociacionista que, da man do actual grupo de goberno socialista, dinamiza a vila.

Delfín Domínguez percorre con Carmela Silva o Camiño Escolar Seguro de Ponteareas

O candidato socialista á Alcaldía de Ponteareas, Delfín Domínguez, amosouse orgulloso do apoio que as Administracións presididas polo Partido Socialista están prestando a Ponteareas. Nunha visita ao Camiño Escolar Seguro ao colexio Ramiro Sabell, no que a Deputación investiu case un millón de euros, destacou a mellora nos servizos, equipamentos e dotacións municipais realizados ao longo do último mandato e a necesidade de apostar polo proxecto do PSdeG-PSOE para acelerar o ritmo nos próximos catro anos e a partir do próximo 28M.

O BNG do Porriño recrimina a PP e PSOE que fagan política partidista coa supreción do paso a nivel

Nos últimos estudos encargados polo Ministerio de Fomento e ADIF, o Goberno de Estado valoraba soterrar un pequeno tramo da vía, que eliminaría o paso a nivel pero mantería a barreira que supón a día de hoxe o paso do tren polo centro da vila. “Unha posición que vén de confirmar o delegado do Goberno na súa recente visita ao Porriño, na que manifestou a intención do PSOE de seguir defendendo unha solución parcial”, sinalou o candidato do BNG, Pedro Pereira.