Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

O Centro Cultural de Mougás, Oia, acollerá unha charla informativa sobre alimentación e fibromialxia

O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia, conferencia que será impartida polo dietista e nutricionista Adrián Martíns Salinas baixo o título A importancia da alimentación na fibromialxia. Trátase dunha actividade aberta dirixida a todas as personas interesadas no tema.

O Concello do Rosal programa unha trintena de actividades para desfrutar da primavera

O Rosal prepárase para desfrutar da primavera cunha morea de actividades para todos os gustos, idades e públicos. Durante os meses de maio e xuño, o concello acollerá unha trintena de propostas nas que literatura, música, andainas, teatro, deporte ou festas tradicionais camiñarán da man para ofrecer “unha ampla programación que amosa o noso compromiso por contar cunha experiencia cultural e de lecer rica e diversa para toda a veciñanza”, como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Salceda e Salvaterra poñen en marcha un novidoso pioneiro sobre corresponsabilidade e conciliación que beneficiará a máis de 60 familias

Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha iniciativa conxunta orientada á corresponsabilidade de pais e nais e á promoción da conciliación, que arrancará o vindeiro 15 de maio.

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar o Día das Letras Galegas

Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das Letras Galegas, facendo unha festa en torno á lingua, destacando a súa riqueza e importancia como lingua viva e de creación, co obxectivo de amosar a riqueza das manifestacións culturais que se están a facer actualmente en galego, falando da nosa idiosincrasia e das nosas costumes. Por iso deseñou para o domingo 19 de maio unha xornada na Praza do Reló da Guarda, na que concentrar actividades lúdicas e festivas para tódolos públicos, gustos e idades.

O mércores 8 de maio comezarán os traballos de pintado e sinalización no Paseo de Cardona en Chapela

O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e pintado no Paseo de Cardona, en Chapela. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, informa que o tramo afectado vai desde o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela ata o CEIP Laredo.

O PP de Tui denuncia que no se ofrezan alternativas aos praceiros ante o peche do mercado municipal por máis de 5 semanas

O mercado municipal de Tui pechará as súas portas e cesará toda a súa actividade comercial durante alomenos 5 semanas, a partir deste luns, día 6 de maio, sen dar alternativa ningunha aos praceiros e praceiras e, segundo o PP tudense, incumprindo o compromiso dado pola Alcaldía no sentido que durante as labores de remodelación poderían seguir coa súa actividade ao levarse a cabo as obras en dúas fases.

Tomiño abre case que 500 expedientes para a limpeza de fincas intensificando a loita contra os lumes forestais

O Concello de Tomiño redobra os seus esforzos na loita continua contra os incendios forestais, unha ameaza constante na contorna forestal máis urbana e máis próxima aos núcleos habitados. Co obxectivo de garantir a seguridade e a preservación dos espazos naturais, o Concello tramitou no 2023 un total de 174 denuncias, 48 delas de oficio, e abriu 497 expedientes por incumprimento das labores de xestión da biomasa.

Redondela gaña un novo espazo para a convivencia veciñal coa peonalización da rúa Padre Sarmiento

Redondela gaña un no novo espazo para o uso peonil no centro da vila. A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do próximo 16 de maio. A partir desa data só se permitirá a circulación por esta rúa para operacións de carga e descarga nos lugares habilitados para tal fin.

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Seso’ no seu 102 aniversario

José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como 'Seso', recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 anos cumpridos o pasado día 1 de maio. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o seu recoñecemento organizando un acto no Salón de Plenos para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e, desta maneira, agradecerlle a súa dedicación e a súa vida na vila.

O PP de Salceda alerta da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro urbano coas novas humanizacións

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de alertar da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro da localidade cos novos proxectos do que cualifican de “humanizacións radicais” nas rúas Coruña, Victoriano Pérez Vidal e as que hai que sumarlle as de Rafael Tilve e Ador, nas que o Grupo Popular abstivérase "xa que mantiña aparcamento en Rafael Tilve pero no na rúa Ador" explican os populares.

O Concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao carón do Centro Cultural A Camoesa, na parroquia de Camos

O Concello de Nigrán disporá dun campo de fútbol nos terreos onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa, respondendo así a unha vella demanda da asociación de veciños da parroquia de Camos. Con este obxectivo, dispón xa do proxecto aprobado e dun orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra, polo que as obras sairán a licitación nas vindeiras semanas.

Mondariz recoñece o “traballo e valentía” das primeiras mulleres concelleiras

Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun Concello e dos sabores e sinsabores da política local falaron as primeiras mulleres concelleiras do Concello de Mondariz no día no que o seu concello quixo renderlles homenaxe e recoñecer a súa importante aportación no eido da política e da igualdade.